Axencia de Emprego e de Desenvolvemento Local do Concello de Teo.

Axencia de Emprego e de Desenvolvemento Local do Concello de Teo.

Compartir

Punto informativo sobre actividades e temas de interese para desempregados/as, emprendores e empresarios/as de Teo

30/07/2025

🔹 OFERTA DE EMPREGO – INCORPORACIÓN INMEDIATA 🔹

Zona: Pontevea - Teo

Na estación de servizo de Pontevea están a buscar unha persoa para realizar as tarefas de expendedor/a-vendedor/a.

Funcións principais:
▪️ Suministro de combustible aos vehículos
▪️ Atención ao cliente e cobro en caixa (TPV)
▪️ Venda e reposición de produtos na tenda
▪️ Liquidación de caixa por turno
▪️ Mantemento da orde e limpeza do posto de traballo

Requisitos:
▪️ Coñecementos básicos de ofimática
▪️ Manexo de TPV e caixa rexistradora
▪️ Trato amable e orientación ao cliente
▪️ Dispoñibilidade para traballar a xornada completa en turnos rotativos

Condicións:
▪️ Contrato inicial de 2 meses
▪️ Incorporación inmediata
▪️ Salario segundo convenio

Se estás interesado/a ou coñeces a alguén que poida estar, non dubides en contactar coa empresa no teléfono 981809049 ou en enviar o teu CV a [email protected]

29/07/2025

🔹 OFERTA DE EMPREGO EN TEO 🔹
📢 En Loia, empresa de servizo de axuda no fogar, están a buscar unha persoa para ocupar o posto de auxiliar de axuda no fogar (con formación ou con experiencia no coidado de persoas maiores).
📍 Lugar de traballo: Dous domicilios situados no Concello de Teo
Horario: luns, mércores e venres de 10:00 a 14:15h
🚗 Requisitos: É recomendable ter vehículo propio, porque hai unha pequena distancia entre as dúas casas. Tamén se podería chegar en autobús.
📩 Se estás interesado/a, envía o teu CV a: [email protected] ou contacta no teléfono 611 861 189

09/07/2025

FEPAS oferta un posto de auxiliar para o servizo de axuda no fogar que presta no Concello de Teo.
Se tes interese, na imaxe que xuntamos tes máis info.

12/06/2025

G12 Grupo empresarial de servicios, SL, organiza o seguinte curso:
Curso FMEC0210 – Soldadura oxigás e soldadura MIG/MAG
Santiago de Compostela
Inicio: 23 de xuño de 2025
Horario: 15:00 a 20:00 h (600 horas de formación)
Curso totalmente GRATUÍTO para persoas desempregadas inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia.
Requisitos mínimos:
Graduado/a en ESO ou equivalente
Proba de acceso a ciclos de grao medio ou Universidade
Prazo de solicitude aberto ata o 20 de xuño de 2025
Lugar: Vía Edison, 1C – Polígono do Tambre
Máis info e inscricións:
[email protected]
650 017 205
Comparte esta oportunidade con quen a poida precisar!
Curso financiado polo Ministerio de Educación e Formación Profesional.

17/10/2024

No marco do Programa Vives Emprende, Acción Contra a Fame organiza o obradoiro en liña e gratuíto “EMPRENDEMENTO E INMIGRACIÓN: Todo o que necesitas saber”, onde explorarán as situacións legais e o acceso ao emprendemento para persoas en procesos migratorios de estranxeiría e protección internacional en Galicia.

O obradoiro celebrarase o martes 12 de novembro, de 10:00 a 14:00 horas. As persoas interesadas en participar só necesitan rexistrarse cubrindo o formulario de inscrición, dispoñible na seguinte ligazón:

0cd44ead-e7f6-48cb-9c8f-6f52e76a168c@ff105d4f-039f-444f-bd6f-0ed1e35daef4" rel="ugc" target="_blank">https://events.teams.microsoft.com/event/0cd44ead-e7f6-48cb-9c8f-6f52e76a168c@ff105d4f-039f-444f-bd6f-0ed1e35daef4

LinkedIn 08/10/2024

Vegalsa Erosky busca 10 Operarios/as de Almacén.

Formación mínima:
Educación Secundaria Obrigatoria

Experiencia mínima
Non Requirida

Coñecementos necesarios
Carretilla Elevadora
Transpaleta
Preparación Pedidos
Recollida e selección de produtos para preparar pedidos.

Requisitos mínimos:
Actitude positiva e habilidades para traballar en equipo.
Experiencia no manexo de mercadorías e desenvolvemento de traballo físico,

Funcións:
- Ubicación de Mercadoría: Organizar e ubicar a mercadoría nas zonas asignadas de almacenamento, garantindo un entorno ordenado e eficiente.
- Manexo de Palés: Apilar e retirar palés con destreza, mantendo sempre a seguridade e a orde.
- Xestión de Solicitudes: Colaborar cos/as preparadores/as xestionando as súas solicitudes de maneira efectiva e oportuna.
- Preparación de Pedidos: Preparar a mercadoría solicitada para as tendas, garantindo que todo estea listo para a súa distribución.
- Transporte de Palés: Transportar os palés preparados ás filas correspondentes da área de Expedicións, asegurando un fluxo de traballo continuo.
- Flechado Seguro: Flechar os palés de forma segura para o seu transporte, priorizando a seguridade en cada paso do proceso.

Ofrécese
- Incorporación inmediata ao mercado laboral mediante contratación estable.
- Un ambiente de traballo colaborativo e dinámico.
- Itinerario formativo.
- Oportunidades de crecemento e desenvolvemento profesional.
- Un paquete de beneficios competitivo (que inclúe tanto retribución fixa como variable en función dos obxectivos).

Ligazón á oferta en infojobs:

LinkedIn This link will take you to a page that’s not on LinkedIn

07/10/2024

A empresa Gycsa precisa unha persoa para traballar nas súas instalacións de Padrón como soldadora.

Valóranse os coñecementos de soldadura, pero non é un requisito indispensable. Se che interesa o posto de traballo ofertado considerarían a opción de contratarche como aprendiz de soldadura.

As persoas interesadas poden enviar o seu currículo ao seguinte enderezo electrónico: [email protected]

03/10/2024

"FERRAMENTAS DE XESTIÓN INFORMÁTICA PARA O TEU NEGOCIO"

A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela oferta esta acción formativa dirixida a persoas emprendedoras traballadoras ou desempregadas.

O curso realizarase entre o 4 e o 19 de novembro en horario de 9.00 a 14.00 horas nas oficinas da Cámara de Comercio en Santiago de Compostela.

Esta formación está becada cun importe de 3€ por día de asistencia.

Se precisas ampliar a información podes facelo a través do mail: [email protected] ou no teléfono 636936791.

As inscricións se realizan na seguinte ligazón:
https://www.camaracompostela.com/es/evento/ferramentas-de-xestion-informatica-para-o-teu-negocio/

03/10/2024

"INTELIXENCIA ARTIFICIAL APLICADA ÁS VENDAS"

A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela oferta esta acción formativa dirixida a mulleres emprendedoras traballadoras ou desempregadas.

O curso realizarase entre o 24 e o 31 de outubro en horario de 9.00 a 14.00 horas nas oficinas da Cámara de Comercio en Santiago de Compostela.

Esta formación está becada cun importe de 3€ por día de asistencia.

Se precisas ampliar a información podes facelo a través do mail: [email protected] ou no teléfono 636936791.

As inscricións se realizan na seguinte ligazón:
https://www.camaracompostela.com/es/evento/intelixencia-artificial-aplicada-as-vendas/

02/10/2024

O SLG Compostela levará a cabo, o vindeiro sábado día 5 de outubro na Casa Común dos Tilos, unha xornada gratuíta sobre a xestión rexenerativa do territorio.

Máis info e inscricións no teléfono 699924632

¿Quieres que tu empresa aparezca en primer lugar en la categoría Restaurante en Teo?
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Teléfono

Dirección


Travesía Da Ramallosa Nº 40/Lucí
Teo
15883

Horario de apertura

Martes 08:00 - 14:00
Miércoles 08:00 - 14:00
Jueves 08:00 - 14:00
Viernes 08:00 - 14:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Axencia de Emprego e de Desenvolvemento Local do Concello de Teo. publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Suscribirse

Le avisaremos cuando ocurra algo en Teo.