Sacrapastas
Auténticas embaixadoras doces do noso territorio: Ribeira Sacra.
17/10/2026
Celebrar 30 anos de é tamén celebrar o camiño de mulleres que se atreven a crear, a emprender e a deixar pegada. 💜
Para nós, é un referente. Admiramos o que construíu en Pazo de Vilane, pero tamén a súa proximidade, a súa maneira de escoitar e esa disposición a botar unha man que marca a diferenza.
Os ovos de Pazo de Vilane forman parte das nosas Galletas de Xián e é un orgullo compartir con eles, como marcas galegas distinguidas con Calidade , o compromiso por ofrecer produtos de calidade feitos na nosa terra.
Grazas, Nuria, por abrirnos as portas desta celebración e por tendernos a man, axudándonos a facer camiño xuntas.
Parabéns a todo o equipo de Pazo de Vilane por estes 30 anos de historia! 💚
Fotografía:
20/08/2026
Este fin de semana imos rumbo a Ribeira! 🌊🍪✨
Coa calidade e o orgullo dos produtos da nosa terra, estaremos presentes no mercado de Verán no organizado pola Axencia Galega de Calidade Alimentaria de venres a domingo.
Unha cita moi especial coa gastronomía artesán e o produto galego de calidade.
📍 Onde: Ribeira
🗓 Cando: De venres a domingo
📲 Desliza as imaxes para ver todos os carteis informativos, horarios e detalles do mercado!
Agardámosvos para g***r xuntos do mellor sabor artesán. Non esquezades pasar a saudar! 💚🌿
📍 Sacrapastas | Embaixadoras doces da Ribeira Sacra.
10/08/2026
Aínda estamos co bo sabor de boca da nosa visita de onte ao Mercado de la Cosecha no Portiño! ✨
Presentamos as nosas Galletas de Xián e fixemos unha degustación:
🍋 Acompañámolas cun xeado artesán de limón dos nosos veciños de Xeou - Xeados co noso leite , que combinaba á perfección coa nosa receita.
🧀🍫🍯 E tamén cun xeado artesán de chocolate con queixo Savel de Airas Moniz e mel, elaborado tamén por Xeou. Unha combinación espectacular!
Moitísimas grazas a Marcos Marcos Perez e a todo o equipo de traballo que forma o Mercado de la Cosecha por apoiar e divulgar o traballo dos pequenos e pequenas produtoras💚
📸 Grazas tamén a Xaime Cortizo Fotografía 📸 por estas dúas fotazas do evento.
E por suposto moitas grazas a todas as persoas que vos achegastes a probalas! 🍪
06/08/2026
Qué alegría que as Galletas de Xián viaxen tan lonxe. Grazas Pinancho polo teu bo traballo!
As galletas de Xián seguen de viaxe!
Desta vez o docu foi seleccionado no UWO Film Awards na India!
Sacrapastas
Fundación Juana de Vega
Artesanía Alimentaria de Galicia
Galicia Calidade
Taboada
24/07/2026
Cada visita ao mercado de produtos Km0 nas instalacións de Inditex é moi especial. É un auténtico privilexio compartir a esencia da nosa marca e ver como, xornada tras xornada, a acollida das nosas galletas artesás é aínda mellor.
Queremos dar as grazas a todo o equipo humano que fai posible este punto de encontro, a Diego pola súa impecable organización, trato e fotazas e tamén a todos os compañeiros e compañeiras produtores cos que compartimos espazo. É un orgullo formar parte dunha comunidade con tanto talento e paixón pola calidade, a sustentabilidade e a orixe.
E, por suposto, grazas a cada persoa que volveu facer parada no noso espazo para g***r da esencia de Sacrapastas. Seguimos cocendo con calma e paixón para levar o mellor da Ribeira Sacra á vosa mesa !
💚💚💚
12/06/2026
💚💙💚
12/06/2026
💚💚💚
Empresas galardonadas nos Premios Galicia Alimentación 2026 A innovación, a sostibilidade e a excelencia no sector da alimentación e as bebidas volveron ser recoñecidas polo Clúster Alimentario de Galicia a través dos Premios Galicia Alimentación. Na duodécima edición resultaron galardoadas nove entidades: Paco & Lola, Ouro de Quiroga, Sacrapastas, L...
11/06/2026
Hai experiencias que van moito máis alá de presentar un produto. E esta foi unha delas.
A fin de semana pasada, participamos en “El Sabor de Galicia a un clic” que nos permitiu achegar as nosas Sacrapastas a profesionais da gastronomía, da distribución e a persoas que valoran o que hai detrás de cada elaboración artesanal.
Foron días de conversas, de compartir a nosa historia e de descubrir que, esteamos onde esteamos, sempre hai espazo para os produtos feitos con coidado, respecto pola tradición e moito agarimo.
Voltamos á casa coa satisfacción de ter levado un anaquiño da Ribeira Sacra ata Bilbao e coa ilusión de seguir abrindo novos camiños para Sacrapastas ✨
Grazas a AGACAL por contar con nós nesta iniciativa e grazas a todas as persoas coas que tivemos a oportunidade de coincidir nestes días.
Seguimos facendo o que máis nos gusta: crear momentos arredor dunha boa galleta. 💚
10/06/2026
Esta fin de semana tivemos a sorte de levar as nosas Sacrapastas ata en Silleda, da man de . Foron días de encontros, conversas, degustacións e moito cariño por parte de todas as persoas que vos achegastes ao noso stand.
Grazas por apoiar o artesanal e por formar parte desta aventura tan doce. 💚
06/05/2026
Dende a Deputación de Lugo quixeron poñer o foco en proxectos que apostan por facer as cousas doutra maneira, con respecto pola terra, polas persoas e polo futuro.
En Sacrapastas sentimos moito orgullo de formar parte deste vídeo xunto a outras mulleres e proxectos que, como nós, cren nun rural vivo, con oportunidades e con moito que contar 💚
Grazas por darnos voz, por acompañarnos e por visibilizar o que hai detrás de cada pequeno paso.
➡ Proxecto AGROSOCIAL, financiado por INTERREG POCTEP
📽 Podes ver o vídeo completo aquí:
AGROSOCIAL POCTED SerieMulleresAgro 👩🌾Desde a Deputación de Lugo, como socia do proxecto AGROSOCIAL (POCTEP), presentamos unha serie de vídeos que visibiliza a experiencia de cinco mulleres q...
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.
Categoría
Contactar con la empresa
Teléfono
Página web
Dirección
Taboada
27550
Notificaciones
Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Sacrapastas publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.