Seminario Menor Tui
Centro privado de enseñanza Seminario Menor Diocesano San Pelayo
13/01/2026
Today, we had a wonderful day!!
Hoxe foi un día de saída cultural. A primeira hora collemos o autobús cara a Vigo para aisistir á obra teatral The European Odyssey, unha experiencia colaborativa en inglés que nos fixo viaxar por Europa a través das artes escénicas.
Ademais, dous dos nosos estudantes tiveron a valentía de subir ao escenario como voluntarios... e fixérono xenial! Estamos moi orgullosos do seu esforzo, participación e actitude!
Para rematar a saída, achegámonos á boleira para compartir un momento máis lúdico e fomentar a convivencia e a diversión entre compañeiros porque, como din os nosos rapaces, non todo vai ser estudar!
Un día cheo de aprendizaxe, cultura e risas!!
24/12/2025
Toda a familia do Seminario Menor de Tui deséxamosvos un Bo Nadal e unhas felices Festas cheas de Paz, Amor e Esperanza.
24/12/2025
Rematamos o primeiro trimestre e como xa é tradición alumnos, profes e formadores acudimos á celebración da Eucaristía na capela do Convento das Clarisas. Logo, por suposto, aproveitamos para ir ata a Catedral e admirar a exposición de nacementos, e na nosa ruta tampouco faltou pasar polo belén de Mingos, na oficina de turismo. Logo, xa de volta, bendición e reparto de nenos Xesús para alumnos e profes. Damos comezo ás vacacións de Nadal!
10/12/2025
Achégase o Nadal e nótase, no Semi tamén comezan a aparecer sinais ☺️
Os espazos énchense de cor e no taboleiro do Ilustres temos a Xesús de Nazaret.
Os alumnos participan decorando e montando o Belén (que tamén ten construccións feitas por eles mesmos nas clases de Plástica).😍
30/11/2025
Este venres, aproveitando a celebración do 800 aniversario da Catedral, fixemos unha visita na que o noso profe D. Luis explicounos detalles da súa arquitectura e historia e D. Daniel Goberna fíxonos unha demostración didáctica sobre o funcionamento do órgano e contounos algunas curiosidades sobre este instrumento musical tan impresionante. Moitas grazas aos dous!!!🤗
26/11/2025
O Seminario Menor de Tui, Presente no Acto Central do 25N
O Seminario Menor de Tui participou activamente o pasado martes, 25 de novembro, no acto central conmemorativo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, organizado polo Concello de Tui baixo o lema “O noso corpo, campo de batalla”.
Os nosos alumnos Erik e Xián tiveron a honra de ler o manifesto en nome de toda a comunidade do Seminario Menor de Tui, transmitindo o implicación do centro coa igualdade e o respecto.
Coa nosa participación, o Seminario Menor de Tui reitera o seu compromiso inquebrantable coa erradicación de todas as formas de violencia contra as mulleres e únese ao chamamento de conciencia social.
24/11/2025
Despois de ter que adialo en dúas ocasións por mor da choiva, por fin este venres puidemos desfrutar do tradicional magosto do Semi. Foi unha xornada de deporte, música e como non, moitas castañas!
Convivencia, deportividade e tradición nesta xornada que nos deixaron con ganas de repetir pronto.
18/11/2025
Xa está exposto o Taboleiro de Ilustres.
Este mes dedicámolo a Gloria Fuertes, unha das voces máis singulares e entrañables da literatura española do século XX.
Recoñecida pola súa poesía directa, sincera e chea de humor, Gloria Fuertes destacou tanto na literatura infantil como na poesía para adultos, sempre cunha mensaxe de igualdade, paz e amor pola vida. A súa obra rompeu moldes e achegou a poesía a todas as persoas, sen importar idade nin condición.
No noso taboleiro de Ilustres atoparedes información detallada sobre os seus logros máis destacados, imaxes que recollen momentos clave da súa traxectoria e versos que amosan a súa visión do mundo, marcada pola sensibilidade e a defensa da xustiza social.
Convidamos a toda a comunidade educativa a descubrir máis sobre esta autora extraordinaria, cuxa voz segue viva e necesaria. Que o exemplo de Gloria Fuertes nos anime a valorar a forza da palabra e a importancia de cultivar a creatividade e a empatía.
29/10/2025
Actividade de convivencia no Semi!
A semana pasada desenvolvemos unha actividade moi especial para fomentar a convivencia e o compañeirismo entre o alumnado de 1º e 4º da ESO. A través do xogo, os rapaces puxeron en práctica as súas habilidades cun Cifras e Letras e fortaleceron os lazos que fan da nosa comunidade educativa un espazo acolledor e respectuoso. Foi unha xornada de colaboración, risas e espírito de equipo, porque no SEMI sabemos que convivir tamén é aprender uns dos outros. Grazas, mozos, por facer que a actividade fose todo un éxito!
28/10/2025
A aula taller do noso centro transformouse nun verdadeiro laboratorio de ideas. O alumnado de 1º ESO puxo o mono de traballo para empezar a construir os seus proxectos tecnolóxicos.
Esta inmersión practica é a mellor forma de aprender a pensar, resolver problemas e desenvolver esa faísca de innovación que tanto valoramos.
E, o mellor de todo, é que están aprendendo a traballar en equipo e a utilizar cada ferramenta de forma segura, cumprindo as normas de hixiene e protección.
"Máis que estudar, crear. Máis que soñar, facer. A innovación comeza aquí!"
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.
Categoría
Contactar con la escuela/facultad
Teléfono
Página web
Dirección
Paseo De Calvo Sotelo 4
Túy
36700
Notificaciones
Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Seminario Menor Tui publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.