El Canalla Sada

El Canalla Sada

Compartir

Bar no Porto de Sada Bar de copas único. Referente imprescindible da noite sadense. Horror vacui desde 1903. Terraza con vistas ao Porto.

Na fin de semana e nos festivos, saborea un rico pincho ao mediodía e co solpor.
-------------------------
Bar de copas único. Referente imprescindible de la noche sadense. Terraza con vistas al Puerto. Durante el fin de semana y los días festivos, saborea un rico pincho al mediodía o con la puesta de sol.
------------------------
Singular Bar in Sada’s Mariña. A must in village nightlife. Loving horror vacui since 1903. On weekends and holidays, taste a pincho at noon and sunset. Enjoy the evening in our terrace overlooking the port.

04/10/2026

Que aniversario tan especial e que sorte soprar as velas en tan boa compañía! Grazas por unha noite memorable, canallas! ❤️😘

26/09/2026

Dentro dunha semana tócanos soprar unha ducia de velas. Entraremos na adolescencia hostaleira botando uns bailes ao ritmo que nos marque EME DJ. Canallas, XA VAN 12 e hai que celebralo!

19/09/2026

Atención! Agora que se achega outubro, queremos festexar que XA completamos unha ducia de outonos na vosa compañía. A ocasión ben merece unha celebración: achegádevos na noite do sábado 3 e deixade que EME DJ vos poña a bailar! XA VAN 12, canallas! 😅🙌💃🕺

Photos from El Canalla Sada's post 04/09/2026

Hoxe casan os nosos profes favoritos. Foi todo un privilexio que onte a súa ledicia tómase por asalto esta súa casa, na celebración da previa. Brindemos para que esa emoción dure toda unha vida xuntos. Saúde e sorte, amigos! ❤️❤️❤️❤️❤️

Photos from El Canalla Sada's post 31/08/2026

Remata o maratón estival que nos regalou, entre outras cousas, a estampa única e indeleble da eclipse sobre o ceo de Fontán, ao pé da nosa ría. Desde hoxe, volvemos pechar os luns por descanso dominical. A por setembro, canallas!

12/08/2026

🌞PAUSA DE DESLUMBRAMENTO🌚
Durante a sesión de hoxe, imos facer unha paradiña e baixaremos a persiana entre as 19:30 e as 21:30h. Queremos ficar eclipSADAs, como Monica Vitti. Vémonos no porto, antes e despois do fenómeno!

Photos from El Canalla Sada's post 23/07/2026

Esta fin de semana vai estar chea de música! Mañá, venres 24, despedimos as festas do Carme aquí, no porto:
🕙 Ás 22:00 h, concerto de Carlos Bau
🕛 Ás 00:00 h, sesión da gran EME DJ

O sábado 25, despois do concerto na praza da Peixería de The Killing Floors, acollemos a partir das 23:00 h, a sesión "Tú no eres Ye Ye". Vémonos, canallas!

Photos from El Canalla Sada's post 17/07/2026

Vivan as festas do Carme! Viva o mar e vivan as súas xentes! Esta fin de semana, vémonos no porto!

07/07/2026

Chegou o momento de activarmos o horario estival. Desde hoxe en adiante, abrimos todos os días da semana:
- De luns a venres, de 18:00 a peche.
- Fins de semana, de 13:00 a 15:30 e de 18:00 a peche.
Este verán, como sempre, vémonos no porto!

10/05/2026

Tomamos prestada esta instantánea fabulosa do TOULIÑAZO de onte, que se creceu ante as adversidades grazas ao esforzo de tantas persoas que, desde a visibilidade ou na discreción máis absoluta, traballaron arreo para que a festa tivese lugar.
Malia a fugazidade dos (re)encontros, propiciada por unha sesión vermú touliñeira sempre trepidante que nos abduce, atesouramos todas e cada unha das apertas, aloumiños, azos e axudas que nos regalastes. Grazas pola alegría, canallas! Viva o Touliñapop! 👏😍😎

¿Quieres que tu empresa aparezca en primer lugar en la categoría Bar en Sada?
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Categoría

Bar

Página web

Dirección


Avenida Do Porto Nº30
Sada
15160

Horario de apertura

Martes 18:00 - 01:00
Miércoles 18:00 - 01:00
Jueves 18:00 - 02:00
Viernes 18:00 - 03:00
Sábado 13:00 - 15:30
18:00 - 03:00
Domingo 13:00 - 15:30
18:00 - 00:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando El Canalla Sada publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Suscribirse

Le avisaremos cuando ocurra algo en Sada.