Concello de Oroso

Concello de Oroso

Compartir

Benvidos á páxina oficial do Concello de Oroso. Aquí atoparás información sobre os nosos servizos e actividades. A estrada N-550 atravesa o termo de norte a sur.

Estamos comprometidos co cambio e o avance.

¡Únete a nós neste emocionante camiño cara ao futuro! O concello de Oroso encóntrase no camiño da Coruña a Santiago. A capital municipal, Sigüeiro, encóntrase a 49 Km. da Coruña e a 11 de Santiago de Compostela. O municipio de Oroso esténdese sobre unha superficie de 72,23 km2, ofercendo unha paisaxe rural sen apenas contrastes xeográficos. O monte Costa, de 329 metros, na parroquia de Trasmonte, e o Petón (375 metros), na de Senra, ambos o norte do municipio e no límite co de Ordes, son as máximas cotas que alcanza o relieve de Oroso. A partir delas o perfil orográfico, lixeiramente ondulado e sen fortes contrastes, vai descendendo ata as beiras do Tambre, que lle serve de límite polo sur. Na esquina suroeste, pouco despois de pasar baixo a ponte de Sigüeiro, o Lengüelle únese o Tambre. Os demais rios, como o Carboeiro, o Samo, o Ca**ón ou o Maruzo, baixan en dirección norte-sur, formando variados e armoniosos vales. O Municipio de Oroso engloba un total de 11 parroquias: Ánxeles, Calvente, Cardama, Deixebre, Gándara, Marzoa, Oroso, Pasarelos, Senra, Trasmonte, e Vilarromarís.

09/10/2026

O vindeiro sábado 10 e domingo 11 de outubro, as instalacións de Tambre Golf & Croquet acollerán o V Torneo Solidario ALCER, unha iniciativa deportiva e solidaria organizada en colaboración con ALCER Coruña e co apoio do Concello de Oroso.

O torneo ten como obxectivo unir deporte e solidariedade, contribuíndo á sensibilización sobre a enfermidade renal e a importancia da doazón de órganos, ao tempo que promove a participación e a convivencia a través do deporte.

A competición desenvolverase na modalidade Individual Stableford, coa participación de xogadores e xogadoras de diferentes idades e niveis.

A xornada concluirá o domingo 11 de outubro, ás 13:30 horas, coa cerimonia de entrega de premios, na que tamén estarán presentes representantes do Concello de Oroso, xunto con ALCER Coruña e Tambre Golf & Croquet.

Desde o Concello de Oroso queremos animar á veciñanza a apoiar e participar nesta iniciativa, que ano tras ano converte o deporte nunha ferramenta de solidariedade, concienciación e compromiso social.

📍 Tambre Golf & Croquet – Oroso
📅 10 e 11 de outubro de 2026
🤝 Concello de Oroso · ALCER Coruña · Tambre Golf & Croquet

Mais información:

https://tambregolf.com/v-torneo-solidario-alcer-2026/

08/10/2026

🚜 𝗜𝗧𝗩 𝗠𝗢́𝗕𝗜𝗟 𝗣𝗔𝗥𝗔 𝗩𝗘𝗛𝗜́𝗖𝗨𝗟𝗢𝗦 𝗔𝗚𝗥𝗜́𝗖𝗢𝗟𝗔𝗦 𝗘𝗡 𝗢𝗥𝗢𝗦𝗢

A unidade móbil de Inspección Técnica de Vehículos Agrícolas estará en Oroso os días 𝟭𝟳, 𝟭𝟴 𝗲 𝟭𝟵 𝗱𝗲 𝗻𝗼𝘃𝗲𝗺𝗯𝗿𝗼.

📍 𝗟𝘂𝗴𝗮𝗿: Aparcadoiro do Polígono Industrial de Sigüeiro.

🕘 𝗛𝗼𝗿𝗮𝗿𝗶𝗼𝘀:
- 𝟭𝟳 𝗲 𝟭𝟴 𝗱𝗲 𝗻𝗼𝘃𝗲𝗺𝗯𝗿𝗼: de 09:00 a 13:30 h e de 15:15 a 18:00 h.
- 𝟭𝟵 𝗱𝗲 𝗻𝗼𝘃𝗲𝗺𝗯𝗿𝗼: só en horario de mañá, de 09:00 a 13:30 h.

📞 𝗖𝗶𝘁𝗮 𝗽𝗿𝗲𝘃𝗶𝗮: 981 92 80 80

🌐 www.sycitv.com

Lembramos que é necesario solicitar cita previamente para realizar a inspección.

07/10/2026

🤝 𝗠𝗔𝗡̃𝗔́, 𝗥𝗘𝗨𝗡𝗜𝗢́𝗡 𝗩𝗘𝗖𝗜𝗡̃𝗔𝗟 𝗡𝗔 𝗚𝗔́𝗡𝗗𝗔𝗥𝗔

Mañá continúa a rolda de encontros coa veciñanza cunha nova cita na Gándara.

📅 8 de outubro
🕗 20:00 h
📍 Local Social da Gándara

Un espazo aberto para escoitar propostas, coñecer necesidades e falar directamente das cuestións que afectan á parroquia.

07/10/2026

🤝 𝗦𝗘𝗚𝗨𝗜𝗠𝗢𝗦 𝗖𝗢𝗔𝗦 𝗥𝗘𝗨𝗡𝗜𝗢́𝗡𝗦 𝗩𝗘𝗖𝗜𝗡̃𝗔𝗜𝗦

Esta tarde continúa a rolda de encontros coa veciñanza de Oroso cunha nova cita en Senra.

📅 Hoxe, 7 de outubro
🕗 20:00 h
📍 Local Social de Senra

Un espazo aberto para escoitar propostas, coñecer necesidades e falar directamente das cuestións que afectan á parroquia.

06/10/2026

⚠️ 𝗔𝗩𝗜𝗦𝗢 | 𝗦𝗨𝗦𝗣𝗘𝗡𝗦𝗜𝗢́𝗡 𝗗𝗘 𝗔𝗖𝗧𝗜𝗩𝗜𝗗𝗔𝗗𝗘𝗦 𝗗𝗘𝗣𝗢𝗥𝗧𝗜𝗩𝗔𝗦 𝗡𝗢 𝗘𝗫𝗧𝗘𝗥𝗜𝗢𝗥

Seguindo as indicacións da Xunta de Galicia, o Concello de Oroso suspende hoxe todas as actividades deportivas no exterior a partir das 15:00 h.

Pregamos que se teñan en conta estas indicacións e agradecemos a comprensión.

06/10/2026

🤝 𝗛𝗢𝗫𝗘, 𝗥𝗘𝗨𝗡𝗜𝗢́𝗡 𝗩𝗘𝗖𝗜𝗡̃𝗔𝗟 𝗘𝗡 𝗠𝗔𝗥𝗭𝗢𝗔

Esta tarde continúa a rolda de encontros coa veciñanza de Oroso cunha nova cita en Marzoa.

📅 Hoxe, 6 de outubro
🕗 20:00 h
📍 Local Social de Marzoa

Un encontro aberto para escoitar propostas, coñecer necesidades e falar directamente sobre as cuestións que afectan á parroquia.

Photos from Concello de Oroso's post 05/10/2026

💧 𝗔𝗖𝗢𝗥𝗗𝗔𝗗𝗔 𝗔 𝗔𝗠𝗣𝗟𝗜𝗔𝗖𝗜𝗢́𝗡 𝗗𝗔 𝗥𝗘𝗗𝗘 𝗗𝗘 𝗔𝗕𝗔𝗦𝗧𝗘𝗖𝗘𝗠𝗘𝗡𝗧𝗢 𝗘𝗡 𝗩𝗜𝗟𝗔𝗖𝗜𝗗𝗘 𝗗𝗘 𝗔𝗥𝗥𝗜𝗕𝗔

O Concello de Oroso e a Xunta de Galicia acordaron avanzar na ampliación da rede municipal de abastecemento en Vilacide de Arriba.

Augas de Galicia xa avaliou o proxecto presentado polo Concello e confirmou que cumpre cos parámetros técnicos e legais necesarios.

👉 Neste momento, para poder executar a actuación, quedan pendentes os correspondentes informes de Carreteras del Estado e da Deputación da Coruña, solicitados polo Concello o pasado mes de maio.

O Concello continuará facendo seguimento da súa tramitación para poder avanzar canto antes nunha actuación que permitirá mellorar o servizo de abastecemento á veciñanza de Vilacide de Arriba.

05/10/2026

🎭 𝗔 𝗦𝗘𝗥𝗘𝗔 𝗠𝗔𝗥𝗜𝗡̃𝗔 𝗖𝗛𝗘𝗚𝗔 𝗔𝗢 𝗢𝗨𝗧𝗢𝗡̃𝗢 𝗖𝗨𝗟𝗧𝗨𝗥𝗔𝗟

O vindeiro 9 de outubro, o Auditorio de Sigüeiro acolle “A Serea Mariña”, unha proposta escénica do Grupo Elas, vinculada á Asociación AMBAR.

Un espectáculo que pon en valor a creatividade, a expresión artística e a diversidade, combinando teatro e danza arredor do mar, da tradición galega e da presenza da muller.

📅 9 de outubro
🕣 20:30 h
📍 Auditorio de Sigüeiro

Unha cita especial dentro do Outono Cultural de Oroso para desfrutar do talento sobre o escenario.

05/10/2026

🤝 𝗛𝗢𝗫𝗘 𝗖𝗢𝗠𝗘𝗭𝗔𝗡 𝗔𝗦 𝗥𝗘𝗨𝗡𝗜𝗢́𝗡𝗦 𝗩𝗘𝗖𝗜𝗡̃𝗔𝗜𝗦

Esta tarde arranca a rolda de encontros coa veciñanza de Oroso, cunha primeira cita para falar das necesidades, propostas e actuacións de Ánxeles, Calvente e Pasarelos.

📅 Hoxe, 5 de outubro
🕗 20:00 h
📍 Local Social do Cachopal

Un espazo aberto para escoitar, compartir propostas e falar directamente sobre cada parroquia.

02/10/2026

📱 𝗖𝗨𝗥𝗦𝗢 𝗗𝗘 𝗗𝗜𝗫𝗜𝗧𝗔𝗟𝗜𝗭𝗔𝗖𝗜𝗢́𝗡 𝗣𝗔𝗥𝗔 𝗣𝗘𝗥𝗦𝗢𝗔𝗦 𝗠𝗔𝗜𝗢𝗥𝗘𝗦

A Fundación Amigos de Galicia, en colaboración co Concello de Oroso e coa Xunta de Galicia, organiza unha nova formación para achegar as ferramentas dixitais ás persoas maiores dun xeito práctico e sinxelo.

Durante as sesións traballaranse cuestións útiles para o día a día:

📍 Google Maps
💬 WhatsApp
📱 Uso do móbil e smartphone
🏦 Caixeiro automático
🩺 App do Sergas e Chave 365
🏛️ Trámites e aplicacións habituais

📅 20, 23, 27 e 30 de outubro
🕙 De 10:00 a 12:30 h
📍 Aula CeMIT de Oroso · Rúa do Deporte, 9, baixo
📝 Inscrición presencial na propia Aula CeMIT

Unha oportunidade para aprender, practicar e gañar autonomía no uso das novas tecnoloxías.

¿Quieres que tu organización aparezca en primer lugar en la categoría Servicio Gubernamental en Oroso?
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Dirección


Praza Isaac Díaz Pardo, Nº1
Oroso
15888

Horario de apertura

Lunes 08:30 - 14:00
Martes 08:30 - 14:00
Miércoles 08:30 - 14:00
Jueves 08:30 - 14:00
Viernes 08:30 - 14:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Concello de Oroso publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Suscribirse

Le avisaremos cuando ocurra algo en Oroso.