Andaina Pro Saúde Mental

Andaina Pro Saúde Mental

Compartir

Asociación sen ánimo de lucro adicada á atención e apoio no ámbito rural de persoas con problemas de saúde mental e ao seu entorno familiar.

ANDAINA é unha asociación sen ánimo de lucro que nace no 2010 ante a necesidade de cubrir o baleiro existente na atención profesional ás persoas con trastornos mentais. O noso ámbito de actuación abrangue as áreas sanitarias rurais de Santiago de Compostela. Os nosos principios son:
“A persoa como eixe”.
“A inserción social e laboral”. O principal obxectivo é a mellora da asistencia e calidade de vida das persoas que padecen trastornos mentais e a dos seus familiares e amigos/as. Recuperar a integración social e laboral, mediante a creación de emprego adaptado, a defensa dos intereses e dereitos das persoas con trastornos mentais, a preservación do medio ambiente e a estimulación creativa e cognitiva mediante talleres de diversa índole, son algunhas das actividades que desenvolvemos cos nosos usuarios.

Photos from Andaina Pro Saúde Mental's post 14/10/2026

ACTUACIÓNS DO PROGRAMA DE TURISMO E TERMALISMO IMSERSO – SALUD MENTAL ESPAÑA

Deixamos por aquí unha pequena recopilación de imaxes da nosa viaxe do IMSERSO 2026.

Este ano tivemos a oportunidade de desfrutar de Almería e descubrir todo o que esta terra tan especial ten para ofrecer ☀️🌊

Photos from Andaina Pro Saúde Mental's post 03/10/2026

👉🏻 Comezamos Outubro recopilando bos momentos das últimas semanas!

Saídas de ocio con novas experiencias e tempo compartido rodeados de paisaxes así de bonitas 🌳

Photos from Andaina Pro Saúde Mental's post 01/10/2026

👉🏻 Así foi a nosa Andaina Saudable pola contorna de Cerceda.

Queremos dar as grazas a todas as persoas que vos animastes a participar e compartistes esta mañá de paseo na natureza. Agardamos que a desfrutásedes tanto coma nós. 💚🥾

O noso agradecemento especial á Asociación Veciños polo Rural (veciños polo rural) pola súa colaboración na organización desta actividade. Grazas pola implicación e por sumar esforzos!”

25/09/2026

👉🏻Esta semana achegamonos ata Padrón para participar nunhas xornadas de sensibilización organizadas con motivo do Día Internacional contra a Explotación Sexual e a Trata de Persoas, que se conmemora cada 23 de setembro.

Un espazo para a reflexión e concienciación sobre unha realidade que supón unha grave vulneración dos dereitos humanos e que nos lembra a importancia de seguir traballando pola prevención, a protección e a erradicación da explotación sexual e da trata de persoas.

💜

24/09/2026

Seguimos impulsando o voluntariado en Andaina PSM!💚

Ao longo deste ano vimos desenvolvendo o noso Programa de Voluntariado contando coa implicación de persoas voluntarias que comparten o seu tempo, coñecementos e habilidades a través de diferentes actividades e obradoiros.

📸 Compartimos algúns momentos deste percorrido, que contribúe a xerar novos espazos de participación e encontro.

Se tes algunha habilidade, coñecemento ou proposta que che gustaría compartir nós acompañámoste para poñela en marcha.

📩 Contacta con nós e cóntanos a túa idea!

Photos from Andaina Pro Saúde Mental's post 14/09/2026

👉🏻 OFERTA DE EMPREGO ‼️

En Andaina PSM precisamos incorporar a un dos seguintes perfís para o noso centro de Ordes.

📌 Recepción de candidaturas ata o 4 de outubro.

10/09/2026

👉🏻 Hoxe, 10 de setembro, Día Mundial para a Prevención do Suicidio, desde Andaina Pro Saúde Mental queremos lembrar a importancia de falar, escoitar e acompañar.

Aproveitamos para celebrar tamén a sinatura dun convenio de colaboración co Colexio Oficial de Farmacéuticos da Coruña (COFC), un paso que nos permitirá estreitar a relación entre ambas entidades e explorar novas vías de traballo conxunto.

Porque previr tamén é acompañar, escoitar e crear redes de apoio. 💛

XuntosSumamos CoidarÉPrevir

25/08/2026

☀️Seguimos recopilando máis saídas de ocio que realizamos nas últimas semanas. Nesta ocasión deixamos fotiños da nosa visita ao Mirador de Pedras Miúdas, en Catoira.

👉🏻Dende alí puidemos visualizar o Ulla, o nacemento da Ría de Arousa e o viaducto do AVE. Xusto debaixo estaba tamén a Lagoa de Pedras Miúdas.

07/08/2026

👩‍🍳✨ O noso Receitario Solidario xa ten madriña!

É un orgullo contar co apoio de Sonia Moar (Mis recetas Sonia , Sonia Moar Sánchez), unha profesional cunha ampla traxectoria no mundo da cociña na nosa contorna, que non dubidou en sumarse a este proxecto poñéndolle nome, ilusión e compromiso.

Ademais de amadriñar o noso recetario, xa hai unhas semanas que tamén forma parte do noso equipo de persoas voluntarias, acompañándonos no Taller de Cociña e Hábitos Saudables, compartindo a súa experiencia, coñecementos e paixón coa persoas participantes. Un luxo poder aprender ao seu carón! 💛

Queremos agradecerlle a confianza depositada na entidade e a súa disposición para seguir construíndo con nós espazos de aprendizaxe e participación.

E se aínda non o tes... lembra que o Receitario Solidario segue dispoñible! Ademais de descubrir receitas cheas de sabor, coa súa adquisición estarás colaborando cos programas e actividades que desenvolvemos dende Andaina Pro Saúde Mental.

Photos from Andaina Pro Saúde Mental's post 04/08/2026

Tocou descubrir a fronteira con Portugal dende unha perspectiva diferente: navegando polo río Miño. 🚤💙.

Unha experiencia para g***r da fermosa paisaxe, sentir o contacto coa auga e vivir, aínda que só fose por unhas horas, a sensación de ser mariñeiros e mariñeiras por un día. Entre risas, a emoción das olas, darlle de comer aos patos e o bo ambiente que transmitían os pilotos das lanchas, vivimos unha xornada chea de momentos para lembrar. Todo isto grazas a Vontade Asociación e ao clube Deportivo Sen Amarras.

A aventura rematou cun agradable paseo e parada na praia, poñendo o broche final a un día de convivencia, natureza e novas experiencias. Porque ás veces o mellor plan é deixarse levar pola corrente. 🌊✨

¿Quieres que tu organización aparezca en primer lugar en la categoría Organización Sin Fines De Lucro en Ordes?
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Dirección


Rúa Emilia Pardo Bazán Nº14
Ordes
15680

Horario de apertura

Lunes 09:00 - 15:00
Martes 09:00 - 15:00
Miércoles 09:00 - 15:00
Jueves 09:00 - 15:00
Viernes 09:00 - 15:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Andaina Pro Saúde Mental publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Suscribirse

Le avisaremos cuando ocurra algo en Ordes.