GALP Costa Sostible
GALP Costa Sostible, é o responsable no seu territorio da xestión das axudas do Fondos Europeos FEMPA
08/10/2026
Comeza a actividade piloto de O LATEXO DO MAR, un novo proxecto de que, da man dos irmans Trillo, nos achega a coñecer a actividade do marisqueo, e o oficio do percebeiro na Confraría O Pindo (Carnota).
“O latexo do Mar" forma parte das experiencias desenvolvidas ao abeiro de "Mar e Rías: Pesca & Turismo", un proxecto de cooperación dos oito GALP de Galicia.
07/10/2026
Cociña para toda a semana con sabor a mar🐠
Hoxe celebrouse no Centro de Actividades Mariñeiras Cabañitas del Bosque un obradoiro de 'Batchcooking' no marco do proxecto Pesca Saúde.
Noelia de Casa Peto, un dos nosos restaurantes KM0, foi a encargada de dirixir este obradoiro no que un dos pratos elaborados foi un cebiche de Xardam por suposto Azul de Portosin.
Un dos valores a destacar do noso GALP e a capacidade de xerar sinerxías, entre os proxectos financiados, favorecendo a súa visibilidade.
06/10/2026
O GALP Costa Sostible incorpora unha nova experiencia de turismo mariñeiro ao proxecto Mar e Rías: Pesca & Turismo: “O Latexo do Mar" unha proposta que nos achegará a coñecer a actividade de Marisqueo, e o oficio do percebeiro na Cofradía do Pindo.
A actividade estará protagonizada polos irmáns Trillo. Da man de David coñeceremos o oficio do percebeiro e da man de Sara a actividade de marisqueo.
Terá lugar o xoves 8 de outubro, de 10:00 a 13:00 horas, con punto de encontro no aparcamento de Panchés, na praia da Insuela. De 10:00 a 11:30 será David que nos traslade ao oficio dos perceberios, para posteriormente deixar que sexa Sara que nos mostre o oficio do marisqueo.
“Latexo do Mar" forma parte das experiencias desenvolvidas ao abeiro de "Mar e Rías: Pesca & Turismo", un proxecto de cooperación dos oito GALP de Galicia que busca achegar á cidadanía os oficios, os coñecementos e o patrimonio vinculado ao sector pesqueiro a través de novas propostas de .
A actividade é gratuíta e as persoas interesadas poden realizar a súa inscrición no teléfono 618 320 033.
06/10/2026
La campaña marisquera de Noia arrancará el 13 de octubre con cupos de hasta 20 kilos La flota faenará dos horas al día y los profesionales a pie dispondrán de cuatro
05/10/2026
A Confraría O Pindo achega os oficios do percebe e do marisqueo a través de dúas novas experiencias de turismo mariñeiro.
Incorporamos unha nova experiencia de turismo mariñeiro ao proxecto Mar e Rías: Pesca & Turismo, achegando aos participantes ao marisqueo e aos coñecementos asociados a este oficio.
A actividade estará protagonizada pola mariscadora Sara Trillo e terá lugar o xoves 8 de outubro, de 11:30 a 13:00 horas, con punto de encontro no aparcamento de Panchés, na praia da Insuela. Concello de Carnota
A actividade é gratuíta. As persoas interesadas poden realizar a súa inscrición no teléfono 618 320 033.
Esta experiencia celebrarase a continuación da actividade dedicada ao oficio de ppercebeiro, protagonizada por David Trillo, completando unha mañá dedicada a coñecer dous dos aproveitamentos tradicionais dos recursos da costa.
05/10/2026
⚓ O MAR TAMÉN É FUTURO. DESCUBRE O TEU CAMIÑO.
Estás pensando que estudar?
Buscas unha saída profesional?
Gustaríache traballar no mar pero non sabes por onde comezar?
Do 21 ao 23 de outubro, o proxecto RELEVO XERACIONAL: O FUTURO DO MAR estará presente en EDUGAL, a Feira Educativa de Pontevedra, cun stand propio.
Queremos achegarche todas as posibilidades que ofrece o sector marítimo-pesqueiro e mostrarche que non hai un único camiño para chegar ao mar.
🎓 Formación Profesional e FP Dual
⚓ Formación e titulacións profesionais para traballar no mar (formación básica, mariñeiro/a pescador/a, patróns, redeiras e outros cursos e acreditacións específicas do sector)
💼 Saídas laborais reais no sector marítimo-pesqueiro.
Porque o sector pesqueiro precisa novas xeracións, persoas formadas e novos profesionais que garantan o seu futuro. Un sector con tradición, pero tamén con novas oportunidades, tecnoloxía, innovación e emprego cualificado.
Se es estudante, docente, orientador/a, estás decidindo que estudar, buscas unha nova oportunidade laboral ou simplemente queres coñecer mellor as profesións e posibilidades de formación que ofrece o mar, ven falar connosco.
Pásate polo noso stand en EDUGAL e descubre que camiño pode levarte ao mar. 🌊
📍 EDUGAL · Pontevedra
📅 21, 22 e 23 de outubro
🕙 De 10:00 a 18:00 h
👉 Agardámoste!
Máis información sobre a feira: EDUGAL – Feira Educativa de Pontevedra
05/10/2026
Tras as tres grandes lonxas, sitúase a de Portosín, un dos principais portos de cerco de España, onde se descargaron máis de 961 toneladas de sardiña, que xeraron uns ingresos superiores a 1,6 millóns de euros. Destaca así mesmo a pequena lonxa de Corcubión, que mobilizou máis de 724 toneladas e suma unha facturación de 1,4 M€.
Cofradía de Pescadores De Corcubión Confraría de Pescadores San Andrés de Portosín
Merluza, sardina y r**e tiran de la facturación de las lonjas gallegas: 288 millones desde enero Comercializaron más de 81.400 toneladas de pescado y marisco frescos en los nueve primeros meses del año
02/10/2026
🌊 Os Grupos de Acción Local do sector Pesqueiro poñemos en marcha «Feito co Mar», un proxecto para fomentar o emprendemento a través da transformación do produto pesqueiro. ⚓️
💡 Estamos a traballar na posta en marcha dos Viveiros Formativos de Emprendemento, que contarán con dous programas en 2027:
🔹 Iniciación
🔹 Profesionalización
Ambos os dous estarán orientados á formación práctica, á experimentación e ao acompañamento de proxectos de emprendemento e innovación. 🌱
📍 Encontros informativos: A partir de outubro celebraremos máis de 20 encontros en concellos de toda a costa de Galicia para presentar a programación detallada e captar proxectos que poidan impulsarse nos Viveiros. 📢
📲 Máis información e contacto: i.gal/feitocomar
✉️️Correo: [email protected]
📞 Teléfono: 627 570 950
01/10/2026
Hoxe continuamos coñecendo de primeira man iniciativas e experiencias vinculadas ao futuro do sector pesqueiro no marco do proxecto Relevo Xeracional: O Futuro do Mar.
Durante a maña, a xerente do GALP Costa Sostible, Muenal Oviedo, participou en diferentes actividades:
🐟 Visita a Kofradía Itsas Etxea, para coñecer o seu proxecto sobre a pesca artesanal e de baixura de Euskadi.
🚤 Paseo en barco de turismo mariñeiro, onde disfrutaron da pesca do congro en directo.
⚓️ Visita ao Museo Marítimo Vasco, para coñocer máis sobre a cultura e o patrimonio marítimo.
01/10/2026
O proxecto “Relevo Xeracional achegouse á Costa Sostible cunha nova experiencia de embarque.
O proxecto “Relevo Xeracional: O Futuro do Mar” continúa desenvolvendo os seus embarques formativos nos diferentes territorios dos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) de Galicia. Hoxe, xoves 1 de outubro, foi a quenda do noso territorio con unha saída desde o porto de Testal, en Noia. Jorge, de 14 anos, participou nesta experiencia a bordo da embarcación Baña, con porto base en Muros, permanecendo a bordo durante aproximadamente catro horas.
Durante a xornada, Jorge tivo a oportunidade de coñecer de primeira man o funcionamento dunha embarcación profesional e achegarse á realidade do traballo no mar, compartindo tempo coa tripulación e descubrindo as características dunha actividade estreitamente vinculada ao territorio e ás súas comunidades costeiras.
Os embarques constitúen unna das accións máis destacadas do proxecto, xa que permiten ao alumnado e á mocidade participante vivir experiencias directas xunto aos profesionais do sector.
Impulsado conxuntamente polos oito GALP de Galicia, o proxecto ten como obxectivo fomentar o relevo xeracional no sector marítimo-pesqueiro, achegando a mocidade á realidade e promovendo a Formación Profesional Dual como unna vía de acceso á formación e ao emprego cualificado no ámbito do mar.
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.
Teléfono
Página web
Dirección
Espíritu Santo, 4 Noia
Noya
15200
Horario de apertura
| Lunes | 08:30 - 15:00 |
| Martes | 08:30 - 15:00 |
| Miércoles | 08:30 - 15:00 |
| Jueves | 08:30 - 15:00 |
| Viernes | 08:30 - 15:00 |
Notificaciones
Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando GALP Costa Sostible publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.