Apertuke
FESTIVAL DE PERCUSIÓN AFROBRASILEIRA CON CONCERTOS, OBRADOIROS, ACTIVIDADES INFANTÍS, ANIMACIÓN,...
🙏✨ GRACIÑAS INFINITAS!!! ✨🙏
O primeiro, a vós 💜, por vir, bailar, tocar, participar e facer do Apertuke o que é. Sen a vosa enerxía, nada disto tería sentido! 🫶🥁
🙌 Grazas ao Concello de Nigrán, Deputación de Pontevedra, patrocinadores e doantes do crowdfunding polo apoio económico que nos permite facer posible este festival gratuíto.
🥁💜 Ás nosas batucadas irmás Trópico de Grelos, Maragataka e Percucar, por vir compartir tambores, enerxía e alegría con nós. Porque cada encontro, cada ritmo compartido e cada amizade axúdanos a seguir construíndo comunidade a golpe de tambor. 🌍🫶
🌍 A Perfusión, Largo da Cumbia e Benjammin & The Last Survival, por encher o Apertuke de mesturas, culturas, ritmos e música que nos fixeron bailar e desfrutar. 🎶🔥
🎧 A Sula DJ, por volver poñernos a bailar ata o final. Xa é imposible imaxinar un peche de Apertuke sen el! 💃🏽🕺🏽
🚀 Ao Autoestopista Intergaláctico, por guiarnos nesta viaxe como mestre de cerimonias e regalarnos tantas risas. 😂
🥁 A Albertito Romero, por ser tan riquiño, próximo e xeneroso, e por compartir os seus coñecementos no obradoiro. E grazas a todas as persoas que participastes! 💜
👧🧒 A Ecopercusión e Barafunda, por encher o festival de música e creatividade para as crianzas. ♻️🎪
👯♀️ Á nosa compañeira Beti Mencal, por dinamizar o convivio do venres. 🫶
🔊 A Xoubiña Sonora, por conseguir que todo soase de marabilla. 👌
🎨🍕🥞🍻 Aos artesáns e artesás, Pizzería Delirio, Xiru Lari, Filloas a Pedra e Cervexas Banda, por acompañarnos, alimentarnos e refrescarnos. E por esa cervexa boísima feita no Val Miñor! 💛
🌟 E, por suposto, ao equipazo de Aperta. Polas horas, os nervios, o esforzo e por seguir poñendo todo o corazón neste proxecto. 💜
GRAZAS, GRAZAS E MÁIS GRAZAS! 🙏
Longa vida ao Apertuke! 🥁🎉
12/09/2026
09/09/2026
👀 NON VOS PERDADES! 🥁💜
Temos moitas cousiñas preparadas para vós! 🎶🎨🥁
Música, percusión, obradoiros, actividades para as crianzas, artesanía, comida, bebida… e moito máis! 🔥
🗺️ Aquí vos deixamos o plano para que non se vos escape nada.
XA NON QUEDA NADA! 🎉🥁
📅 12 e 13 de setembro
📍 Dunas de Gaifar · Panxón · Nigrán
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.
Categoría
Contactar con la empresa
Página web
Dirección
Cidade De Vigo 5
Nigrán
36350
Notificaciones
Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Apertuke publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.