BNG Muros
Somos a asamblea local do BNG en Muros. Facemos política municipal en chave de pais dentro do Bloque
12/10/2026
O BNG de Muros está de loito. Onte finou o noso Milucho, un dos nosos militantes históricos.
Milucho forma parte da historia do BNG en Muros, de tantos anos de compromiso coa nosa terra e de traballo compartido por unha Galiza máis xusta e libre.
Desde o BNG de Muros enviamos unha aperta e todo o noso cariño á súa familia e amizades.
Grazas por tanto, Milucho. Que a terra che sexa leve, compañeiro.
21/09/2026
A por todas con María Lago!
Esta fin de semana xuntámonos en Noia coas compañeiras e compañeiros do BNG de toda a comarca na presentación das candidaturas para as municipais de 2027, acompañados pola nosa portavoz nacional, Ana Pontón.
En Muros afrontamos esta nova etapa cun obxectivo claro: revalidar a Alcaldía para dar continuidade ao traballo deste mandato e seguir mellorando a vida da veciñanza.
Vémonos mañá no Tapal, estades todas e todos convidados!
No último pleno, o PP de Muros quixo dar leccións sobre dereitos laborais e acabou recoñecendo que, durante os seus catro anos de goberno, non foron quen de conseguir unha mellora das condicións laborais do persoal municipal.
Hoxe esa realidade é ben distinta: conseguimos mellorar as condicións laborais dos postos peor retribuídos e está xa avanzada a RPT (Relación de Postos de Traballo), a ferramenta que permite ordenar os postos do Concello, definir funcións e responsabilidades e establecer unhas condicións e retribucións acordes co traballo que realiza cada persoa.
Unha RPT que o anterior goberno non foi quen de sacar adiante por falta de interese político.
Así que, PP de Muros, menos dar leccións desde a oposición e máis mellorar a vida das persoas cando se goberna.
09/08/2026
Un informe técnico avala el cierre de la pasarela de Evaristo en Esteiro al hallar corrosión en la estructura El estudio, que el Ayuntamiento ha remitido a Costas, apunta que el pasamanos está suelto y que hay soldaduras rotas
17/05/2026
Un ano máis homenaxeamos ao Mestre Agrelo no Día das Letras Galegas.
Reivindicamos a nosa lingua e tamén a súa labor á hora de crear, a través do teatro popular, un espazo desde o que defender, dignificar e manter vivo o galego entre a veciñanza.
Temos un patrimonio enorme que temos a obriga de preservar, coidar e transmitir.
Grazas pola lección, Mestre.
27/04/2026
A Asemblea Local do BNG de Muros escollemos por unanimidade a María Lago como candidata ás eleccións municipais de 2027.
Facémolo coa vontade de dar continuidade a unha etapa política que naceu desde abaixo, que medrou co traballo da militancia e que hoxe se expresa no goberno municipal.
María Lago agradeceu a confianza das compañeiras e compañeiros e reivindicou o papel colectivo dunha organización que sostén, acompaña, debate e empurra nos momentos difíciles.
Pola súa banda, o noso responsable local, David Miranda, fixo un balance positivo do momento que vive o BNG de Muros, poñendo en valor o crecemento da organización, a confianza construída coa veciñanza e o traballo desenvolvido desde a Alcaldía.
Chegamos a este novo ciclo máis fortes, máis maduros e máis convencidos do camiño iniciado, cun proxecto que demostra que se pode gobernar desde a proximidade, a escoita e o compromiso coas e cos muradáns.
María volverá encabezar o noso proxecto para seguir mellorando Muros desde o concreto: as parroquias, os servizos públicos, o mar, o comercio local, as familias e a vida diaria da xente.
Seguimos traballando por Muros.
20/04/2026
Comunicado do BNG de Muros
Desde o BNG de Muros queremos trasladar á veciñanza que, nos vindeiros días, explicaremos con detalle os feitos relacionados coa sentenza que condena ao Concello de Muros a indemnizar a unha das traballadoras municipais, así como o contexto no que se produciron e as actuacións levadas a cabo. Trátase dun asunto cun percorrido xudicial longo e, precisamente por iso, queremos abordalo co máximo rigor.
O que si consideramos necesario aclarar de maneira inmediata, ante a campaña de desinformación e as medias verdades difundidas polo PP e polo PSOE, é unha cuestión fundamental: esta situación non se pode reducir á actuación dunha soa persoa.
O que esta sentenza pon enriba da mesa é unha carencia de fondo no propio Concello. Durante anos non existiu unha avaliación de riscos psicosociais, que é obrigatoria desde 1995, nin houbo ferramentas claras para previr e actuar ante situacións deste tipo no ámbito laboral municipal.
En relación ao publicado polo PP nas redes sociais, cómpre lembrar algo moi sinxelo: esta situación non nace agora. Durante o seu goberno, o Concello non contou cunha avaliación de riscos laborais nin puxo en marcha medidas claras de prevención. Tiveron catro anos para facer ese traballo e non o fixeron.
Por iso, asumindo sempre a nosa responsabilidade como forza que goberna o Concello desde 2023, resúltanos cando menos chocante que quen non fixo ese traballo queira agora dar leccións e presentarse como defensor da clase traballadora. Máis aínda cando se atreve a pedir dimisións como se nunca tivese gobernado Muros.
En realidade, tampouco sorprende demasiado. Falamos dun partido que leva tres anos na oposición intentando ocultar o seu paso polo goberno e sen achegar nada útil ao debate público, máis alá do ruído, dos bulos e das medias verdades.
En relación ao comunicado do PSdeG-PSOE de Muros, cómpre sinalar que formar parte dun goberno implica asumir responsabilidades políticas, dar explicacións e actuar con coherencia co lugar que se ocupa dentro do executivo.
A fórmula de atribuírse os acertos do goberno e sinalar ao BNG cando hai erros non é máis ca unha mostra de falta de responsabilidade política e de respecto á veciñanza e ao persoal municipal.
Estamos vendo como este xeito de facer política, baseado no ruído, nos bulos e na confrontación interesada, só contribúe a deteriorar a confianza da xente nas institucións. E nese camiño non gaña ninguén: perde Muros.
Desde o BNG cremos que hai que actuar con responsabilidade, asumir o que nos corresponde e traballar para que Muros se sinta orgulloso do seu Concello. É o que merece a veciñanza. É o que nos debemos como representantes públicos.
Queremos trasladarlle publicamente ao persoal laboral do Concello o noso compromiso para reverter esta situación e seguir reforzando as garantías de protección dos seus dereitos.
E facémolo sabendo que de todo isto tamén hai que aprender: para corrixir erros, mellorar o que falla e garantir que nada semellante volva acontecer, goberne quen goberne.
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.
Categoría
Contactar con la organización
Página web
Dirección
Praza De Galiza 3
Muros
15250
Notificaciones
Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando BNG Muros publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.