Diego Seixo
Deseño e Comunicación Visual
17/04/2026
Arranca ÜBERSCHACH 1937 este abril no Teatro Permanente (rúa Abeleira Menéndez 7, Vigo). Aínda podes reservar a túa entrada na súa web ou a través do WhatsApp 659188988 se non es unha persoa asociada.
Unha proposta escénica de Alberte Alonso a partir da imaxe "Concerto para cámara: apertura" interpretada pola actriz Sonia Salgado.
31/01/2026
Teatro Permanente estrea 'ÜBERSCHACH 1937' | Erregueté Esta fin de semana Teatro Permanente estrea 'ÜBERSCHACH 1937', un espectáculo escrito e dirixido por Alberte Alonso a partir de "Concerto para cámara: apertura", unha obra plástica orixinal do artista moañés Diego Seixo que pode percorrerse ao inicio da función. 'ÜBERSCHACH 1937' está inter...
18/01/2026
"Concerto para cámara: A abolición da utopía"
ÜBERSCHACH 1937, unha proposta escénica de Alberte Alonso a partir da peza "Concerto para cámara: apertura" e interpretada pola actriz Sonia Salgado.
Toda a información en https://teatropermanente.com/uberschach-1937/
Erregueté - Revista Galega de Teatro Teatro Permanente
03/01/2026
Un está máis ou menos afeito (sempre agradecido) a que o conviden a participar no desenvolvemento da imaxe a partir dunha proposta escénica. Ao que estou menos acostumado é a que se me propoña inverter esta orde, e tal foi a proposta de Alberte de Teatro Permanente.
Así, o 30, o 31 de xaneiro e o 1 de febreiro estréase ÜBERSCHACH 1937, unha proposta escénica de Alberte Alonso a partir da peza "Concerto para cámara: apertura" e interpretada pola actriz Sonia Salgado.
Como non, estou ilusionado, expectante e agradecido ao equipo de Teatro Permanente: Alberte Alonso, Lisa Vitorino e Sonia Salgado, por esta colaboración.
A reserva de entradas xa está á vosa disposición en https://teatropermanente.com/uberschach-1937/
Se non es unha persoa asociada, podes facelo desde 20€ e acceder a toda as accións escénicas programadas durante un ano natural en https://teatropermanente.com/asociate/
Erregueté - Revista Galega de Teatro
25/12/2025
O Nadal trouxo este "Sabarigo" de FIANDOLA gravado no alto da Praza de abastos do Concello de Moaña. Encantado e agradecido polo reencontro con vellas amizades para volver a xogar.
FIANDOLA - Sabarigo FIANDOLA presenta Sabarigo. Novo videoclip e nova peza que estará incluída no 5º traballo discográfico que verá a luz no 2026, co gallo do 30 aniversario da ...
19/10/2025
Orgullosas e agradecidas por este Premio da Crítica 2025, máis, se cabe, por estar tan ben acompañadas polas outras compañías finalistas, ButacaZero e Grupo Chévere, compañeirxs que fan que o premio acade aínda máis valor para nós.
"O xurado da XLVIIIª edición dos Premios da Crítica de Galicia da modalidade de Artes Escénicas, acordou outorgar por unanimidade o premio a "As gardiás" de Teatro de Ningures.
O xurado salientou a dilatada traxectoria profesional de Teatro de Ningures, non só polos trinta espectáculos creados senón tamén por impulsar o teatro comunitario e pola súa vinculación coa formación artística. O espectáculo As gardiás, estreada en outubro 2024 cuestiona o sistema residencial e abre as portas a novos modelos de autoxestión vital propoñendo un necesario debate sobre os coidados na vellez."
Escena Galega Erregueté - Revista Galega de Teatro Amarelo Distribución Escénica
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.
Categoría
Página web
Dirección
Moaña
Notificaciones
Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Diego Seixo publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.