El intermiño
Xa coñecen as novas de Miño, agora contaremoslle a verdade. Sempre con humor, iso que non falte!
27/09/2026
Boas tardes miñocas!
A resposta do pobo no post da páxina de FB do PP de Miño é puro cine. Pero entre todos, destacamos este. Sempre é bo saber que entre os veciños hai xente co mesmo humor e as mesmas ganas de traballar que nós. Dios te teña na gloria!
25/09/2026
25/09/2026
Boas tardes miñocas!
Pois parece que xa temos culebrón de outono, ímolo titular: "Fátima, un corazón traizoado". Quedounos un pouco de telenovela turca pero o tema o merece.
Antes de nada, fontes oficiais:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/mino/2026/09/25/portazo-fatima-blanco-pp-mino-me-quitado-candidatura-espaldas/00031790327814737856697.htm
Non imos falar das declaracións de Fátima no xornal xa que podedes facelo vos mesmos. O que si podemos dicir é que a traizón dos seus propios compañeiros é moi moi fea. Empezan con moi bo pé, non cabe dúbida que se parece moito a outros episodios xa acontecidos en Miño: "Begoña y su equipo"
Din os nosos paxariños que esas reunións fora da sede do partido aconteceron nun coñecido local da hostelería miñense que está por Bemantes. Empeza por "pura" e rima con "manteca", pero a verdade é que non sabemos se as inhabilitacións dan poderes especiais de convocación.
Aiiiii Sonia, que mal comezamos. E como di o refrán: O que mal empeza, mal acaba. E neso temos moita experiencia.
O que temos que investigar son os partidos que estanse poñendo en contacto con Fátima. Será o PSOE? o BNG? Miño Plataforma Aberta? Alternativa dos veciños? Abriuse o mercado de fichaxes!!!
24/09/2026
Bos días miñocos!
Non pasa un día e xa temos salseo, tal parece que o invocamos!
Fátima, como ela mesma recoñece nas súas redes sociais, deixa o Partido Popular porque alguén alleo ó partido escolleu outra persoa pra encabezar a lista do PP de Miño nas próximas eleccións municipais.
https://www.facebook.com/share/v/1J4XeCstuQ/
A verdade é que dentro do era unha das persoas que mais tiñamos en estima. De feito o video publicado nas súas redes sociais o confirma. Moita sorte na túa nova etapa .bp.mino , sen dúbida o partido (e os veciños de Miño) perden unha boa política.
Ben chega de baduar e imos ó turrón. Fátima entrega á acta de concelleira, así que entraría Héctor, que é O ÚLTIMO RESERVA. Decía Begoña que había equipo... Había carallo! Se cadra o que había era pouca vergonza, é o que ten facer unha lista in extremis as costas das persoas que levaban anos e anos no Partido. E será que non avisamos! A hostia foi antolóxica.
Ben, polo que se fala, Héctor pasa tres kilos de ter a acta, así que... Que vai pasar? Preguntamoslle a Chati GPT, Jemini, Claudia e a todas as IA que existen para sabelo e chegamos a unha conclusión: pode ser concelleiro CALQUER persoa empadroada en Miño e maior de idade. Abraira, vai quitando o peto que entras no Concello, nunca noutra te viches!
O que nos jodeu os esquemas é que ten que ter o beneplácito do Partido Popular de Miño. (Abraira, pon o peto outra vez e tira po banquillo). Cheiranos moito a que vai ser unha tal Sonia Martínez... Ai Fátima, que cama che fixeron!
De Sonia xa falaremos largo e tendido, que temos o noso equipo de investigación recabando datos dende fai tempo.
23/09/2026
Bos días miñocas e miñocos!
Levamos 256 días sen publicar nada, que desastriños somos. Que tal o verao? Os madrileños ben, a que si?
A verdade é que o pobo, logo de ser un fervedoiro de política, pasou a ser unha balsa de aceite. ¡Así non hai quen faga nada! O PSOE gastando cartos en troulas e areas de caravanas, o PP indo ás misas do novo párroco e o BNG asesorando na Deputación da Coruña. Todo coma sempre.
E por qué voltamos? Parece ser que hai movemento nos partidos de cara ás municipais de 2027. E non, para a nosa desgraza non é que Abraira ou Maceiras volvan á política de élite. ¡Quen sabe! Caras novas? Novos partidos? Cambios de personalidade?
Nos xa temos a maquinaria de investigación traballando no asunto, se cadra os nosos paxariños logo pían.
09/01/2026
Boas noites miñocos e miñocas!
Que tal o principio de ano? Que tal se portaron os reises? Parece que saltou a sorpresa na Condomina e a algún case se lle atraganta o turrón.
Quen o iba supoñer! Dende logo...
Feliz ano a todos!
Dos exalcaldes de Miño (A Coruña), a juicio por prorrogar contratos pese a los informes negativos Fiscalía solicita la inhabilitación de ambos y una pena de cinco años de prisión para Jesús Veiga por un delito de prevaricación y malversación Te puede interesar: Miño (A Coruña) salda después de 20 años la deuda con los expropiados de Costa Miño Golf
Bos días miñocas e miñocos!
Despois de escoitar as conversas de varios veciños, pensamos que cando o río sona, auga leva. Temos unha invasión de fodechinchos criminal, que ademáis de encher o pobo, teñen menos luces ca un candil apagado. Pero e que ademáis temos que sumarlle outra praga nova: as autocaravanas. Como di o refrán, eramos poucos e pariu a vella.
Os fodechinchos aínda van deixando algo de cartos no pobo, ben sexa en restauración ou en aloxamento pero e que agora está de moda ir ó Gadis ou ó Eroski, mercar catro cousas, meterse na autocaravana e a vivir. Iso non é bo turismo, é pseudoturismo. Se aturamos ós fodechinchos pois é o que hai, temos que ter paciencia e pensar que os nosos veciños tamén son hosteleiros e nesta época fan cartos. Ó que non debemos estar dispostos e a aturar turismo que non deixa beneficio e soamente incomoda.
Xa nin falemos dos incívicos que fan as súas necesidades ou guindan as augas porcas das autocaravanas en calquer cuneta do pobo. Para iso deberían estar os campings, non un aparcamento calquera. E xa nin falar dos que aparcan collendo dúas ou tres plazas de coche.
Xa hai Concellos poñendo medidas para estos aproveitados mais o noso, en vez de poñerlle un pouco de freo, ten proxectada unha área de autocaravanas na Galea. Manolo, hai que darlle unha voltiña a iso, eh? Os veciños non están moi de acordo con esa proposta.
Ánimo, que en pouco mais dun mes, voltamos á tranquilidade.
30/07/2025
Boas noites miñocas e miñocos!
O meme da noite, porque o da tarde non chegamos. Estamos completamente convencidos de que María Rivas está pensando que Manolo ten un pelazo Pantene, Manolo contándolle como o outro día na Feira da Cultura lle puxeron churrasco ó forno e a nosa amada líder Fátima vendo unha m***a de can.
A nosa imaxinación, a veces algo trebella, non ten límites.
28/07/2025
Boas tardes miñocas e miñocos!
Como di o refrán, ata o rabo todo é equipo. Ou non era así? Agora xa estamos en dúbidas. En definitiva, o mércores 23 tomou posesión como concelleiro de Miño o señor don Luis Puente Ramos. Se hai algún nostálxico na sala e conserva a papeleta do PP poderá ver que vaise cansar de ler nomes ata chegar a el, porque literalmente xa é un suplente. Tendo en conta que a Héctor xa o cesaron na campaña, a seguinte sería a nosa amiga e seguidora Begoña Blanco Permuy.
Soamente vos dicimos unha cousa, Fátima ten que estar contenta de carallo, líder por accidente e con compañeiros tamén por accidente (ou accidentados).
Despois aprobáronse os festivos e as tarifas dos taxis, nada con salseo.
E xa falando de todo un pouco, que tal cos madrileños? Boa xente, eh? Sempre aparcando ben, coa súa boa educación e por suposto coas suas brillantes ideas que escoitas de fondo mentres están tomando "unas cañitas porque semos callejeros". Canta faltiña facía unha taxa turística en Miño ou un test psicotécnico para entrar no pobo. Como a segunda sería faltarlle ó respeto os test, quedamos coa primeira.
Deica logo miñocas e miñocos.
20/05/2025
Boas tardes miñocas e miñocos!
No pleno de hoxe ademáis de aprobar convenios para as colonias felinas, cousas ecoloxistas e aprobación do presuposto do 2025 (que non era sen tempo...), viña na orde do día a renuncia de Don Angel Abellá Lorenzo, e dicir, o noso Angeliño! Ben sabemos que tivemos os nosos mais e os nosos menos, tamén que intentaches por tódolos medios (legais e alegais) saber quen eramos, mais non che gardamos rencor. Pola nosa parte, unha vez que se abandoa a vida política, soamente nos queda dicirche que moita sorte e unha aperta.
En canto ó que se veu despois, que espectáculo. Se un concelleiro renuncia á súa acta, ten que ocupala a seguinte na lista. Xa estabamos á altura de Sagrario (a número 9 da lista), así que tocaríalle ó 10 da lista, que é Vicente Castro Longueira... E que pasou? Renuncia. Pero non soamente el, tamén renuncia Xiomara (12), Jose Manuel Pérez Tristán (14) e por último Fina Romeu (13)!!! Unha Romeu renunciando a un posto político? Manolo debeu botarlle algo raro á auga da vila.
Así que nada, soamente falta que un tal Luis A. Julián Vázquez (posto 11 da lista) diga se quere coller o cargo ou non. No caso de que non queira, sería Sabrina xa que é a primeira suplente.
Parécenos incrible o que está acontecendo, pensamos que é unha falta de respeto absoluta ás 977 persoas que votaron esta lista. Que lle votes á LiGanDo e sexa o mesmo que raspalo cu con el e tiralo ó lixo, pois entra dentro do esperable, pero isto...
Para o PSOE isto é pasarse o xogo en modo sinxelo. Aínda menos mal que Alberte saca tempo e pode facer algo de oposición. De feito hoxe seica houbo un pequeno rifirafe entre o PSOE e o BNG, mandaronlle unhas ameazas de deixar de ser coleguis... Bueno, vendo o que votan uns e o que votan outros, non sería de extrañar que haxa un ofrecemento de aplausos con ladrillos de tabicar.
HAY EQUIPO!!! Perdón, quería dicir, HABÍA EQUIPO! A este ritmo aínda vai volver Jesús, senon tempo ó tempo.
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.
Categoría
Contactar con la empresa
Página web
Dirección
Rua A Carreira, 38
Miño
15630
Notificaciones
Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando El intermiño publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.