A Hedreira
📍 Centro social autoxestionado en Lugo. Rúa Catasol, 17 baixo. A Hedreira é un centro social autoxestionado na cidade de Lugo. Que facemos? Como funcionamos?
Nace do desexo de construírmos un espazo de confluencia social e da necesidade de ter un lugar de encontro, xa que consideramos que é mais doado materializar as ideas cando compartimos o espazo. Móvenos a solidariedade, o apoio mutuo, a xustiza social, a creación colectiva e a defensa do territorio. Buscamos un espazo autoxestionado onde a comunidade e a cooperación substitúan a visión atomista, heteropatriarcal, de competitividade e de progreso egoísta. Exploramos vías diversas de organización social, creando vínculos comunitarios e fins colectivos, promovendo o pensamento crítico, compartindo espazos, recursos, ferramentas ou saberes e xerando alternativas a un modelo de sociedade profundamente desigual que mantén a tantos millóns de persoas na pobreza e a dependencia. Reivindicamos tamén a posibilidade de acceder a unha cultura alternativa que non reduza a nosa vida social a unha versión estritamente mercantil, que nos obriga a vivir como meros poboadores dun espazo público limitado ao consumo e á circulación, facéndonos esquecer aquelas posibilidades que xorden cando se habita comunalmente. Buscamos a auto-organización como forma de relacionarnos, apartándonos das dinámicas que nos converten a todas en “usuarias ou clientes”. Por todo isto somos A Hedreira e como as hedras medramos, apoiándonos unhas nas outras, subimos muros e entretecémonos creando comunidade. Veciñas con miradas diversas pero conectadas, con ganas de sentarnos xuntas, recuperar debates, expresar inquietudes e crear tecido social dun xeito horizontal e aberto. Organizamos charlas e xornadas e temos actividades fixas como obradoiros de costura, teatro e danza en movemento, pole dance, capoeira, k-pop, cineforum, hai aulas de galego para inmigrantes, etc. Dispoñemos de biblioteca e somos un lugar de encontro e intercambio, entre outros do colectivo do Banco do Tempo de Lugo e Radio Fenda. Somos tamén un espazo para un lecer diferente. Como centro social autoxestionado funcionamos a través das asembleas, o consenso, a horizontalidade, libre de xerarquías e de subvencións. Todo isto constrúese mediante a implicación e o compromiso das diferentes persoas que habitamos o espazo, onde nos atopamos diversas personalidades e ideoloxías, desde abaixo e á esquerda, buscando construír colectivamente. É grazas as cotas dxs compañeirxs que podemos manter o local. Non funcionamos como unha asociación ao uso: todas contamos por igual e todas podemos gozar do centro social en base aos principios que imos acordando xuntas e o compromiso co espazo. Local social, cultural e político, pero apartidista (sen vinculación a ningún partido político). Aquelas actividades que se queiran levar a cabo na Hedreira pasan por asemblea para que entre todas debatamos a proposta. A data da asemblea anúnciase cada mes.
09/10/2026
Este sábado 17 de outubro teremos as xornadas sobre: Xestión comunitaria do conflito- antipunitismo e xustiza restaurativa.
Temos moitas ganas de irvos confirmando o cartel completo. De momento; só vos podemos dicir 3 cousas
1. Comezará ás 11:30 coa presentación dos asistentes e rematará aproximadamente ás 19h (coas suas debidas pitipausas e descansos)
2. Haberá un xantar para todes, se te queres anotar avisanos por redes ou no correo [email protected]
3. Vai ser unha xornada incribel con asistentes moi potentes que veñen de diferentes puntos onde esperamos aprender e compartir moito
08/10/2026
Hoxe xoves 8, conversa sobre a masculinidade no rural e presentación do libro Apuntes para un análisis de la masculinidad desde una perspectiva rural.
Moi interesante, non o perdas!
30/09/2026
🌰 Cartel mensual Outubro
29/09/2026
🥁🥁 Chega a cuarta polbada vegana!! Non te perdas o evento do ano
📌🥂 Luns 5 de setembro do 2026 ás 14:30
Deixade quetos aos polbos e vinde comer ricos cogomelos á feira 🍄🟫🍄🟫
📝 Apúntate vía redes, no local ou a través do correo electrónico e ven pasar un día divertido
💰O prezo é coma sempre, á vontade, pon o que poidas según o que teñas, todos os beneficios son para manter o local
24/09/2026
🆕 Obradoiro de debuxo para crianzas 🎨🖼️ (de balde (gratis-for free), como todo, sempre)
- Cando? Segundos e cuartos sábados de cada mes
- A que hora? Ás 11h
- Onde? Na hedreira! Rua catasol, 17- Lugo, Galiza
- Como? Incrición previa ao: 603 30 32 74
23/09/2026
📌 Este venres 25 ás 19:00 temos a Presentación da Sociedade Agrarista O Campesinhado 🌿
Non perdas esta oportunidade ✊🏼
21/09/2026
Cea vegana setembro: venres 25 ás 21h. Lembra reservar primeiro! 🥦🥗
20/09/2026
Cea vegana de setembro: sábado 25 ás 21h
Lembra reservar coma sempre via instagram ou correo electronico
14/09/2026
Este xoves ás 20:30 temos unha cita diante do Concello. Desde A Hedreira apoiamos esta convocatoria cidadá a prol do benestar de TODAS as persoas que se atopan en Ceuta, e facémonos eco deste chamamento a todos os sectores sociais:
Durante o último mes fomos testemuñas da complexidade da situación ceutí e de como esta se utiliza para intereses alleos ao benestar da súa poboación. Ante a falta de respostas das administracións, medra o enfado e, paralelamente, amplifícanse os discursos de odio.
Proclamas como “Musulmán el que no bote” chocan coa realidade dunha cidade multicultural, onde conviven musulmáns, cristiáns e outras crenzas. Non buscan ofrecer solucións, senón demonizar pola relixión, cor de pel ou procedencia.
Recoñecemos o papel de parte do pobo ceutí, das ONGs e activistas que, ante o abandono institucional, axudaron ás migrantes. Esta solidariedade é un fío de esperanza ante a barbarie dos que saen na "caza do inmigrante", incluídas crianzas, e que tamén supón unha ameaza para as persoas ceutís racializadas.
A migración forzosa polas guerras, a liberdade sexual ou calquera outra razón é un drama social; sendo a pobreza a causa principal, provocada pola acumulación de riqueza dos países ricos que exercen o dominio económico sobre o Sur Global. Non se pode abordar a cuestión migratoria sen sinalar as súas raíces.
Non ignoramos o uso que fan da migración as autoridades de Marrocos, a quen a UE encarga a represión na fronteira, pero iso non converte a quen foxe do seu país nun “invasor”. As persoas migrantes son vítimas, non culpables. Os culpables non afogan no mar.
Por iso, esiximos:
-Medidas eficaces do Estado e das administracións para garantir unha acollida acorde ao Dereito Internacional e permitir que a poboación ceutí recupere a súa vida cotiá.
-Medidas de protección ante a violencia que están a sufrir migrantes, traballadoras do social e activistas.
Somos moitas persoas as que queremos mostrar sen medo a nosa solidariedade con Ceuta ao tempo que empatizamos con quen se xoga a vida buscando unha oportunidade.
Somos voces distintas que compartimos unha certeza: a fraternidade vencerá ao individualismo e ao odio.
08/09/2026
🕺🩰 "Renacer ao bailar" conta dun espazo para a reflexión e o movemento con música latina e galega para liberarse do estrés, relacionarse con outras persoas e axudarse do baile como ferramenta terapéutica para o benestar emocional.
💬Se estás interesade en participar, contacta co numero do contacto (612491917) para entrar no grupo de whatsapp
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.
Categoría
Contactar con la empresa
Dirección
Rua Catasol, 17
Lugo
27002
Notificaciones
Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando A Hedreira publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.