Festas Do Mar - Lira
Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Festas Do Mar - Lira, Asociación vecinal, Portocubelo, Lira.
08/08/2026
Xa non queda nadaaa! 🤩🤩
🌊 FESTA DO MAR 2026 – LIRA 🌊
O vindeiro sábado 15 de agosto, Lira volve vestir as súas mellores galas para celebrar unha das festas máis especiais do verán. Unha xornada chea de tradición, música e diversión para todas as idades.
🙏 Programa da mañá
🎶 Dianas e alboradas a cargo dos grupos de gaitas Chan de Vela e Abelleira e .
⛪ Ás 12:30 h, Misa Solemne na honra á Virxe do Carme, acompañada pola Coral Polifónica Mar de Ardora da ESMU de Carnota.
🚤 Ao remate, tradicional Procesión Marítima, acompañada por bombas de palenque.
🍷 Sesión vermú co FUSSIÓN
🎈 Pola tarde
De 18:30 a 21:30 h, os máis pequenos poderán g***r de inchables gratuítos da man de 🌈DIVERKIDS
🎉 Pola noite
A partir das 22:00 h, gran verbena con:
🎤 FUSSIÓN
🎤 Las Vegas
🎧 Disco Móvil Super Fabrik
🎟️ Ás 00:00 h celebrarase o tradicional sorteo das rifas.
✨ Non perdas unha xornada única na que o mar, a tradición e a festa se unen para facer de Lira o mellor lugar onde vivir o verán.
Agardámoste o 15 de agosto na Festa do Mar de Lira! 🌊🎶
28/07/2026
💙 Chegou a quenda do resto dos nosos colaboradores!
Queremos agradecer de corazón a todas as empresas, negocios, asociacións e persoas que decidiron poñer o seu gran de area para facer posible a Festa do Mar de Lira.
Cada colaboración, grande ou pequena, é fundamental para que esta festa siga medrando e para que poidamos continuar celebrando unha tradición que nos une como pobo.
👏 Grazas pola vosa confianza, polo voso compromiso e por camiñar ao noso lado un ano máis.
Esta festa é de todos, e grazas a vós podemos seguir facéndoa realidade.
Mil grazas a todos os nosos colaboradores! 💙🌊
27/07/2026
💙 Seguimos presentando aos colaboradores principais da Festa do Mar de Lira.
Hoxe é a quenda dunha nova tanda de empresas e negocios que, coa súa colaboración e compromiso, fan posible que a nosa festa siga medrando ano tras ano.
O seu apoio é fundamental para manter viva esta tradición e ofrecer unha celebración da que todos nos sentimos orgullosos.
👏 Grazas por confiar na Festa do Mar de Lira e por formar parte desta gran familia.
Nos próximos días continuaremos presentando ao resto de colaboradores. Porque detrás de cada edición hai moitas persoas e empresas que fan posible que todo saia adiante. 🌊🎉
24/07/2026
Antes de nada, queremos expresar o noso máis sincero agradecemento a todas as empresas, negocios e persoas que colaboran coa Festa do Mar de Lira. 💙
Sen o seu apoio e compromiso sería imposible sacar adiante unha celebración tan especial para todos nós.
Hoxe comezamos coa presentación da primeira parte dos nosos colaboradores principais, que ano tras ano apostan pola nosa festa e contribúen a manter viva esta tradición.
👏 Grazas por confiar na Festa do Mar de Lira e por formar parte deste proxecto.
Nos próximos días seguiremos presentando ao resto de colaboradores, porque cada un deles é unha peza fundamental para que esta festa siga medrando. 🌊🎉
17/07/2026
Antes de nada, moitas grazas a todas as persoas que, ano tras ano, facedes posible a Festa do Mar de Lira. 💙
Sabemos que moitos veciños e amigos estades fóra durante estes días e non podedes colaborar en persoa. Por iso, poñemos á vosa disposición un número de conta para quen queira achegar o seu gran de area e seguir apoiando esta festa, que é de todos.
🏦 Número de conta:
ES91 2080 0334 8430 4001 1646
Calquera achega, por pequena que sexa, axúdanos a manter viva esta tradición e a seguir facendo medrar a nosa festa.
Grazas de corazón por estar sempre aí, esteades onde esteades. ❤️🌊
Entre todos, facemos posible a Festa do Mar de Lira.
15/07/2026
🎄🎟️ Xa temos a lotería de Nadal da Festa do Mar de Lira!
Se non queres quedar sen a túa, xa a podes recoller nos locais indicados nesta publicación. 😉
Non o deixes para última hora… que despois xa sabes o que pasa: o número que non colliches é o que toca. 🍀
📍Consulta os locais participantes na publicación e pasa a buscar a túa.
Moita sorte e… a ver se este Nadal a fortuna fai escala en Lira! 💙
26/06/2026
🌊 FESTA DO MAR 2026 – LIRA 🌊
O vindeiro sábado 15 de agosto, Lira volve vestir as súas mellores galas para celebrar unha das festas máis especiais do verán. Unha xornada chea de tradición, música e diversión para todas as idades.
🙏 Programa da mañá
🎶 Dianas e alboradas a cargo dos grupos de gaitas Chan de Vela e Abelleira e .
⛪ Ás 12:30 h, Misa Solemne na honra á Virxe do Carme, acompañada pola Coral Polifónica Mar de Ardora da ESMU de Carnota.
🚤 Ao remate, tradicional Procesión Marítima, acompañada por bombas de palenque.
🍷 Sesión vermú co FUSSIÓN
🎈 Pola tarde
De 18:30 a 21:30 h, os máis pequenos poderán g***r de inchables gratuítos da man de 🌈DIVERKIDS
🎉 Pola noite
A partir das 22:00 h, gran verbena con:
🎤 FUSSIÓN
🎤 Las Vegas
🎧 Disco Móvil Super Fabrik
🎟️ Ás 00:00 h celebrarase o tradicional sorteo das rifas.
✨ Non perdas unha xornada única na que o mar, a tradición e a festa se unen para facer de Lira o mellor lugar onde vivir o verán.
Agardámoste o 15 de agosto na Festa do Mar de Lira! 🌊🎶
30/04/2026
Estamos a cociñar a festa deste ano, estade atentos 🙌😎
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.
Categoría
Contactar con la organización
Página web
Dirección
Portocubelo
Lira
15292
Notificaciones
Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Festas Do Mar - Lira publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.