Concello de LALÍN

Concello de LALÍN

Compartir

Benvidos/as ao perfil oficial do Concello de Lalín na rede social Facebook

O Concello de Lalín, cunha superficie de 326 quilómetros cadrados, é un dos municipios de maior extensión de toda Galicia e goza dunha situación privilexiada no corazón da Comarca de Deza, que aglutina a seis concellos (Lalín, Silleda, Rodeiro, Vila de Cruces, Dozón e Agolada) nun área de 987,7 quilómetros cadrados. A súa situación xeográfica, no denominado "Quilómetro cero de Galicia" e equidistante das principais cidades, converte a Lalín nun importante enclave loxístico dentro da comunidade autónoma. Esta posición vantaxosa estase a reforzar aínda máis cos importantes investimentos en infraestructuras viarias, que permitirán reduci-lo tempo de conexión coas grandes capitais: Santiago de Compostela (25 minutos), A Coruña (50), Lugo (40), Ourense (25), Pontevedra (40) e Vigo (50). A poboación do Concello de Lalín é de 20.453 habitantes e está dividida entre o núcleo urbano, onde hai máis de 10.000 veciños, e as 52 parroquias do rural: Albarellos, Alemparte, Alperiz, Anseán, Anzo, Barcia, Bendoiro, Bermés, Botos, Busto, Cadrón, Camposancos, Cangas, Castro, Catasós, Cello, Cercio, Cristimil, Doade, Donramiro, Donsión, Erbo, Filgueira, Fontecabalos, Galegos, Goiás, Gresande, Lalín, Lalín de Arriba, Lebozán, Lodeiro, Losón, Maceira, Madriñán, Méixome, Moneixas, Muimenta, Noceda, Palio, Palmou, Parada, Prado, Rodís, Santiso, Sello, Soutolongo, Val do Carrio, Vilanova, Vilatuxe, Xaxán, Xesta e Zobra. Considerando o conxunto da Comarca de Deza, que abrangue ás xurisdiccións de Deza,Camba, Dozón, Carbia, Trasdeza e Valquireza, as cifras de poboación achéganse ós 50.000 habitantes. Esta comarca, situada no extremo setentrional da provincia de Pontevedra, linda ó oeste coa Comarca de Tabeirós-Terra de Montes, ó norte coas de Arzúa e Terra de Melide (A Coruña), ó leste coas de Chantada e A Ulloa (Lugo) e ó sur coa do Carballiño (Ourense). No ámbito da natureza, o Concello de Lalín goza de envexables paisaxes, que son froito dun clima atlántico húmido, caracterizado pola súa alta pluviosidade e por unha temperatura media anual que xira en torno ós 12 graos centígrados. Esta demarcación, regada polas correntes dos ríos Deza, Arnego e Asneiro, ten os seus puntos máis elevados na Serra do Candán e nos montes do Coco e do Testeiro.
Ó longo dos seus 326 quilómetros cadrados, o Concello de Lalín garda incomparables tesouros naturais, como as carballeiras da Crespa, do Rodo e de Barcia, sendo esta última a máis singular por contar con centos de carballos perfectamente aliñados en ringleiras. Asemade, tamén destaca pola súa beleza o souto de Quiroga, en Catasós, que está formado por uns castiñeiros cunhas características especiais de crecemento que os converten nos exemplares co índice de medranza e o porte máis alto de Europa. Na actualidade, este municipio conta cunha economía moi diversificada, posto que a tradicional actividade agrícola e gandeira foi abrindo portas progresivamente nas últimas décadas a un sector industrial en expansión, principalmente puxante nas ramas do téxtil, do aluminio e da construcción. Esta diversificación tamén ten unha traducción xeográfica, posto que no núcleo urbano e nas parroquias colindantes atópanse tódolos servicios e a maior parte das industrias -situadas maioritariamente nos dous polígonos existentes-, mentres que na zona eminentemente rural a economía segue a estar baseada nas explotacións agropecuarias, que aproveitaron a riqueza da comarca para modernizarse e facerse máis competitivas. As condicións socioeconómicas, a súa localización xeográfica e o apoio institucional proxectan a Lalín como un municipio con grandes expectativas de crecemento. Neste proceso, un dos factores determinantes será a mellora das infraestructuras, como a autoestrada Santiago-Ourense, ou a posta en marcha de novos servicios, como a Cidade do Transporte -recentemente inaugurada-, dous novos aparcadoiros soterrados na vila -en proceso de licitación-, o proxectado aeródromo deportivo ou a remodelación do pavillón polideportivo e do estadio de fútbol. Esta puxante situación do municipio lalinense tamén se ve reflectida no interese comercial amosado por grupos empresariais como Eroski, que proximamente asentará na zona unha grande área con establecementos comerciais e de ocio. Ó mesmo tempo, varios empresarios de Lalín tamén iniciaron os trámites urbanísticos para construír outra alternativa lúdica e comercial exclusivamente con financiamento dos empresariado local. No apartado festivo, a Feira do Cocido, que se celebra cada ano no domingo anterior ó Entroido, é o máximo expoñente do Concello de Lalín. Nas 34 edicións da súa historia, este evento gastronómico foi gañando pulo ata converterse nunha das festas máis importantes -senón a que máis- do calendario lúdico galego. A súa sona mesmo alcanza xa repercusión en foros internacionais, un feito ó que contribuíu o esforzo promocional realizado dende o concello. Outra das feiras senlleiras é a do cabalo, que se celebra na primeira semana do mes de abril e sirve para que cabaleiros e gandeiros de toda Galicia acudan a participar nas diferentes actividades e competicións. Por outra banda, os días 3 e 18 de cada mes o Campo da Feira Vello acolle os tradicionais mercadiños. No capítulo festivo tamén destacan as celebracións de carácter relixioso, como as festas patronais na honra da Virxe das Dores, que se celebran o terceiro domingo de setembro, ou a romaría do Corpiño, que se celebra os días 23 e 24 de xuño na parroquia de Santa Baia de Losón. A esta romaría, unha das máis famosas de toda Galicia, acoden devotos de infinidade de lugares coa confianza de que a Virxe espantará dos seus corpos e mentes aqueles problemas e enfermidades que se lle escapan á medicina. Conta a lenda que no século X, nunha cova do monte Carrio vivía un ermitaño moi apreciado que ó morrer foi soterrado polos veciños, que ocultaron o corpo incorrupto antes de escapa-la invasión dos árabes. A pista do escondite do corpo perdeuse ata que unha tarde foi descuberta por uns nenos pastores, que se viron atraídos polo estraño resplandor que saía dunha cova. O denominado lugar "do corpiño" sinalábao a propia Virxe co Neno Xesús nos seus brazos.

Photos from Concello de LALÍN's post 14/10/2026

🎭 🏵️ Parabéns a María Peinado e Fran Lareu polo seu Loureiro de Ouro 2026, un recoñecemento ao seu traballo cultural.

Photos from Concello de LALÍN's post 14/10/2026

🎨 As Ategal. Aulas Senior de Galicia de Lalín iniciaron onte as actividades correspondentes ao curso 2026-2027, cunha oferta de 200 prazas dirixidas a persoas maiores de 55 anos. A concelleira de Envellecemento Activo, Carmen Canda, destaca que esta nova edición mantén unha programación variada coa finalidade de fomentar a aprendizaxe, o desenvolvemento de novas habilidades, a convivencia e a participación activa das persoas maiores na vida social e cultural do municipio.

O programa mantén prazas libres nalgunhas das actividades ofertadas:
▪️ Historia da Arte e saídas culturais: 5 prazas.
▪️ Informática avanzada: 2 prazas.
▪️ Estimulación cognitiva: 6 prazas.
▪️ ActivaMente: 15 prazas.
▪️ Inglés avanzado: 4 prazas.
As actividades teñen un custo de 65 € anuais.

As persoas interesadas en participar ou recibir máis información poden dirixirse ao departamento de Servizos Sociais do Concello de Lalín ou chamar ao teléfono 986 780 014, en horario de 8.00 a 15.00 horas.

14/10/2026

🎹 🎶 Recital de piano “Pasión de Falla”, a cargo de José Luis Nieto, pianista graduado no Conservatorio Tchaikovsky de Moscova, cunha ampla traxectoria internacional que o levou a actuar en escenarios de Europa, Estados Unidos, Latinoamérica, Rusia e Oriente Medio, entre eles o Auditorio Nacional de Madrid e o Rudolfinum de Praga.

O concerto en Lalín estará dedicado ao compositor Manuel de Falla e incluirá obras como El sombrero de tres picos, El amor brujo e Fantasía Bética, nunha proposta que permitirá achegar ao público a obra dun dos grandes referentes da música española.

📆 Venres 16 de outubro 🕗 20 h 📍 Salón Teatro

Entrada libre ata completar aforo.

14/10/2026

🗣️ 🎵 🩰 XII Festival de Outono da Coral Polifónica de Lalín.
Coa participación de Scene Ballet e Combonautas da Moderno, reunindo diferentes propostas artísticas nunha cita coa música e as artes escénicas.

📆 sábado 17 de outubro 🕗 20 h 📍Salón Teatro

14/10/2026

💃 🌰 🏵️ Inicio do outono cultural e XXVIII Mostra de Baile Tradicional baixo o lema «Quen baila e canta, os seus males espanta», coa participación da Asociación Cultural Etnográfica La Arracada (Zamora) e o Grupo de Baile e Música Tradicional A Carballeira.
Durante a xornada entregaranse os XXI Premios A Carballeira á Defensa das Tradicións:
- 🏵️ Premio comarca de Deza: Xosé Casal, polo seu labor de posta en valor dos Xenerais da Ulla e a súa transmisión escolar.
- 🏵️ Premio municipio de Lalín: Rafael Quintía, polos seus traballos de investigación e divulgación do patrimonio inmaterial e a relixiosidade popular.
- 🏵️ Socias de Honra (distinción compartida por primeira vez): Marisa Couso (a fan número 1 do grupo) e a súa neta Tania Conde (deseñadora vinculada á agrupación e actualmente traballando en Carolina Herrera).

📆 Sábado 17 de outubro 🕢 19:30 h

13/10/2026

🧳 Lalín presenta as súas oportunidades turísticas para o emprendemento en Deza.

A concelleira de Industria e Comercio, Beatriz Canda Rodríguez, participará mañá mércores, 14 de outubro (de 11:00 a 12:30 h), na xornada en liña "Oportunidades para emprender no sector turístico" (Edificio Sociocultural), dirixida a persoas interesadas en poñer en marcha un negocio no sector.

Baixo a ponencia «Recursos turísticos para o emprendemento. Turismo de Lalín», a concelleira expoñerá o potencial do municipio para xerar actividade económica e crear sinxergias entre restauración, aloxamentos e produtores locais.

🌿 A intervención xirará arredor do potencial gastronómico (Cocido, queixo, mel), a natureza, historia e patrimonio, os eventos dixitais/deportivos e a nosa axenda cultural (como a Feira do Cocido ou as Aldeas de Nadal), e o Camiño de Santiago.

💡 A ponencia porá como exemplo de boas prácticas proxectos privados do municipio como Huttopia (en Prado) e a Casa do Patrón (en Doade), amosando como a colaboración e a innovación permiten diversificar a oferta, fixar poboación e prolongar a estancia dos visitantes en Lalín.

13/10/2026

🛩 𝗢 𝗖𝗼𝗻𝗰𝗲𝗹𝗹𝗼 𝗼𝗿𝗴𝗮𝗻𝗶𝘇𝗮 𝗻𝗮 𝗖𝗮𝘀𝗮 𝗱𝗲 Á𝗹𝘃𝗮𝗿𝗼 𝘂𝗻𝗵𝗮 𝗺𝗲𝘀𝗮 𝗿𝗲𝗱𝗼𝗻𝗱𝗮 𝘀𝗼𝗯𝗿𝗲 𝗮 𝗳𝗶𝗴𝘂𝗿𝗮 𝗱𝗼 𝗮𝘃𝗶𝗮𝗱𝗼𝗿 𝗝𝗼𝗮𝗾𝘂í𝗻 𝗟𝗼𝗿𝗶𝗴𝗮, 𝗼 𝘃𝗶𝗻𝗱𝗲𝗶𝗿𝗼 𝗺é𝗿𝗰𝗼𝗿𝗲𝘀 28 𝗱𝗲 𝗼𝘂𝘁𝘂𝗯𝗿𝗼

No marco das actividades conmemorativas do centenario de Joaquín Loriga Taboada (2026-2027), a concellería de Cultura organiza a mesa redonda intitulada «O aviador Loriga en Lalín e Galicia».

O encontro reunirá a destacados historiadores e investigadores especialistas para afondar na vida, orixes familiares, traxectoria e pegada histórica do piloto lalinense.

📜 𝙏𝙚𝙢𝙖𝙨 𝙚 𝙘𝙤𝙣𝙩𝙞𝙙𝙤𝙨 𝙙𝙤 𝙚𝙣𝙘𝙤𝙣𝙩𝙧𝙤
A xornada inclúe a proxección de fotografías e documentos históricos inéditos mentres se analizan episodios clave:

▫️ Orixes e infancia: nacemento no Pazo de Liñares e as súas raíces na comarca.
▫️A xesta aeronáutica: a súa participación no histórico voo Madrid-Manila.
▫️A pegada en Lalín e Galicia: homenaxes recibidas en 1927, enterramento en Santa Baia de Losón, construción en 1933 do seu monumento (obra de Francisco Asorey por subscrición popular).
▫️Conservación do legado: publicacións, homenaxes póstumas e a exposición permanente do Pazo de Liñares.

🎙️ 𝙈𝙚𝙨𝙖 𝙙𝙚 𝙚𝙭𝙥𝙚𝙧𝙩𝙤𝙨 𝙚 𝙞𝙣𝙫𝙚𝙨𝙩𝙞𝙜𝙖𝙙𝙤𝙧𝙚𝙨
Moderada por Daniel González Alén (cronista oficial de Lalín e biógrafo de Loriga), contará con:

▪️ Xerardo Rodríguez Arias: escritor e historiador especializado en aeronáutica galega.
▪️ Francisco Rubia Alejos: historiador, xenealoxista e académico experto na liñaxe do Pazo de Liñares.
▪️ Manuel Guerreiro Frade: enxeñeiro e investigador da historia aeronáutica.
▪️ Antonio Vidal Neira: historiador local e creador do blog Historia de la Tierra de Deza.

13/10/2026

👀 Las "Aldeas de Nadal" más famosas de Galicia volverán a enamorar esta Navidad con novedades

▶️ Las "Aldeas de Nadal" sumarán esta Navidad nuevos minimundos 👉 Te dejamos todos los detalles en la noticia en comentarios

Photos from Asociación de Empresarios/as de Deza's post 13/10/2026
13/10/2026

LITERATURA NO RURAL 2026 !! 📖

Un ano máis, seguimos enchendo de vida e historias a nosa aldea co proxecto Noceda Cultura no Rural. A próxima fin de semana agardamos por vós no Centro Social de Noceda,para g***r xuntxs do teatro, a música e de encontros literarios.

Apunta as datas e non faltes!

🗓️ SÁBADO 17 DE OUTUBRO
🎭 19:00h | Novos Lobos – Fantoches-Baj / Inacio Vilariño.

🗓️ DOMINGO 18 DE OUTUBRO
🎶 13:00h | Concerto Literario – Coral Polifónica de Piloño (Dir. Enrique Viz).

17:00h | Historia Natural – Encontro/Presentación con

18:15h | "Mirando con antelación, todo é poesía" – Encontro con Masha Álvarez e Celso Fernández Sanmartín.

Quedades todxs máis que convidadxs !

¿Quieres que tu organización aparezca en primer lugar en la categoría Servicio Gubernamental en Lalín?
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Categoría

Teléfono

Página web

Dirección

Lalín

Horario de apertura

Lunes 08:00 - 15:00
Martes 08:00 - 15:00
Miércoles 08:00 - 15:00
Jueves 08:00 - 15:00
Viernes 08:00 - 15:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Concello de LALÍN publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Suscribirse

Le avisaremos cuando ocurra algo en Lalín.