CLUB KAYAK FOZ
CLUB DE PIRAGÜISMO.
El Club Kayak Foz nace a finales del año 1983, solicitándose la Inscripción en el Registro de clubes de la Federación Española de piragüismo en el mes de Marzo de 1984. Los primeros años fueron muy duros y requirieron grandes esfuerzos por parte de los fundadores para conseguir la implantación del piragüismo en Foz y la puesta en marcha del Club. El objetivo primordial era ofrecer una nueva alternativa deportiva a los jóvenes focenses, para ello fue necesario dotar de medios materiales al Club y diferentes empresas de la Villa no se hicieron de rogar y donaron desinteresadamente el material demandado. De igual modo, de forma altruísta, los fundadores del Club, así como sus sucesores a lo largo del tiempo arrimaron el hombro para entrenar y transladar a las regatas a los cada vez más numerosos deportistas que integraban esta gran familia. Poco a poco fueron llegando los resultados deportivos, siendo varios los deportistas que conseguían alcanzar el pódium en gran cantidad de regatas y ganando varios años la Liga Provincial de Lugo. El club funcionaba y la gente se volcaba en ello; y así llegamos hasta hoy, con mucho trabajo y mucha ilusión por continuar promocionando este fantástico deporte entre los más jovenes y animar a todo el mundo a practicarlo.
06/09/2026
V REGATA COPA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO.
O vindeiro domingo terá lugar a V regata da Copa Deputación de Lugo de Piragüismo. Organizada polo Club Kayak Foz e en augas da nosa Ría, permitiranos ver en acción ós máis pequenos do piragüismo lucense.
Desde a categoría prebenxamín hasta a xuvenil, termos unha tarde de piragüismo na que se disputarán 4 mangas nas que podermos ver en acción ás futuras promesas do piragüismo lucense algunhas das cales xa están consagradas con títulos nacionais e incluso internacionais.
Desde o Club Kayak Foz, non nos cansamos de recordar a vital importancia que ten para o piragüismo de provincia que se retomase a celebración da Copa Deputación de Lugo de Piragüismo (a antiga liga provincial de Lugo).
Gracias á Área de Deportes da Deputación de Lugo e á Federación Galega de piragüismo que no seu día escoitaron as demandas dos clubs da provincia, esta competición volveu a disputarse ano tras ano e vese que xunto co gran traballo levado a cabo polas distintas entidades deportivas da os seus froitos tanto dentro como fora do territorio provincial.
Cabe agradecer tamén o traballo levado a cabo polo Concello de Foz, a Asociación A Ribeira de Foz e Protección Civil de Foz. Sen a súa axuda sería moi complicado por non dicir imposible organizar este tipo de eventos.
Agardámosvos a todos en Foz.
10/08/2026
LXIV TRAVESÍA RÍA DE FOZ.
O vindeiro domingo 23 de agosto ás 12:30 terá lugar a 64 edición da Travesía Ría de Foz.
Un orgullo para a nosa entidade organizar esta regata que ano tras ano enche de embarcacións e deportistas a nosa ría.
Esperámosvos a todos no porto de Foz.
08/08/2026
𝐑𝐈𝐂𝐀𝐑𝐃𝐎 𝐎𝐔𝐓𝐄𝐈𝐑𝐎 𝐄 𝐋𝐔𝐈𝐒 𝐌𝐈𝐆𝐔𝐄𝐋 𝐕𝐈𝐂𝐄𝐍𝐓𝐄 𝐓𝐄𝐑𝐂𝐄𝐈𝐑𝐎𝐒 𝐍𝐎 𝟖𝟖 𝐃𝐄𝐒𝐂𝐄𝐍𝐒𝐎 𝐈𝐍𝐓𝐄𝐑𝐍𝐀𝐂𝐈𝐎𝐍𝐀𝐋 𝐃𝐎 𝐒𝐄𝐋𝐋𝐀.
Os padexeiros que representaban ó Club Kayak Foz viaxaban a Asturias con ilusión e expectativas despois dunha semana de preparativos e axustes de embarcación.
Embarcación na que pouco puideron adestrar dada a súa participación o pasado mércores no Campeonato de España Master de Sprint no que acadorn conxuntamente a Cuarta posición no K2 +50 e Luís Miguel a quinta no K1 +50.
A parella focega vai gañando sensacións con esta nova cita, e non falamos de calquera cousa... falamos dun terceiro posto no descenso con máis tradición de España e probablemente do mundo.
A próxima posta en escea será na casa, na Travesía Ría de Foz, o vindeiro domingo 23 de agosto.
Noraboa ós dous.
02/08/2026
Luis Miguel Vicente e Ricardo Outeiro reencóntranse no club das súas vidas 30 anos despois
• O piragüista Luis Miguel Vicente regresa á casa tras lograr o bronce estatal de media maratón co seu anterior equipo madrileño.
• Os dous padexeiros afrontan con máxima ilusión un calendario inmediato que arranca este mércores no Campionato de España Master en Trasona (Asturias) e continúa o sábado no Descenso do Sella.
O Club Kayak Foz vive un dos reencontros máis emotivos e prometedores da súa historia recente. Despois de tres décadas de traxectorias separadas, Luis Miguel regresa ao club de toda a vida para volver a coincidir na auga co seu compañeiro de sempre, Ricardo. Ambos os dous deportistas unen de novo as súas forzas para afrontar o treito final da tempada coa máxima ilusión e cun obxectivo claro: loitar polos grandes títulos estatais e internacionais que restan no calendario.
Luis Miguel volve a casa nun momento de forma excelente. O padexeiro vén de colgarse a medalla de bronce no Campionato de España Master de Media Maratón, disputado o pasado mes de maio nas augas do río Tajo en Aranjuez, mentres militaba nas filas do club madrileño Alberche Kayak.
Pola súa banda, Ricardo está a asinar unha tempada espectacular, consolidándose como o rival a bater a nivel estatal. O piragüista chega a esta unión como o vixente campión estatal master de Fondo de 5.000 metros (título conquistado en marzo en Sevilla) e campión estatal de Maratón (logrado en xuño en Zamora).
Este retorno supón un impulso de ouro para o clube, onde ámbolos dous formarán unha tripulación de auténtico luxo para levar a Foz ali onde paleen.
Un calendario esixente co Sella e a Travesía no horizonte
O regreso de Luis Miguel non dará marxe de tregua. O novo tándem ten os seus primeiros retos á volta da esquina, cunha semana de vertixe que poñerá a proba o seu potencial:
• Mércores 5 de agosto: Competirán no Campionato de España Master de Sprint Olímpico, que se celebra en Trasona (Asturias).
• Sábado 8 de agosto: Afrontarán a mítica cita do Descenso Internacional do Sella.
Máis alá destas datas clave, a nova tripulación ten marcada en vermello a proba máis especial do ano: a Travesía da Ria de Foz, a competición da casa que se celebrará o 23 de agosto, onde queren profetizar como locais ante a súa afección. Ambos os dous deportistas iniciaron os adestramentos con moita motivación, co obxectivo de acoplar o seu padexo canto antes e demostrar que a complicidade de hai tres décadas segue intacta na auga.
31/07/2026
Iago García disponse a tomar parte na semifinal do K1-1000 do LVII Campeonato de España de Sprint Olímpico que se está a celebrar en Trasona - Asturias.
Sorte Iago.
14/03/2026
https://www.youtube.com/live/H02hogbHjP0?is=hgr7jUWFWWE4iAKw
🚨 DIRECTO 🚨 CAMPEONATO DE ESPAÑA INVIERNO | 14 MARZO - SESIÓN 1 🏆🚨 DIRECTO 🚨 CAMPEONATO DE ESPAÑA INVIERNO | 14 MARZO - SESIÓN 1 🚣♂️🔥📍 Sevilla📅 14 de marzo 2026¡No te pierdas nada y apoya el piragüismo español! 🇪...
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.
Categoría
Contactar con la empresa
Teléfono
Página web
Dirección
27780
Horario de apertura
| Lunes | 17:00 - 19:00 |
| Martes | 17:00 - 19:00 |
| Miércoles | 17:00 - 19:00 |
| Jueves | 17:00 - 19:00 |
| Viernes | 17:00 - 19:00 |
Notificaciones
Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando CLUB KAYAK FOZ publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.