Carracedo Fala
ASOCIACIÓN CULTURAL CARRACEDO FALA
Editora do boletín parroquial do mesmo nome
O que ocorre en Carracedo, contámoscho nós
04/10/2026
🥾 VOLVEN OS ROTEIROS DE «CAMIÑANDO A HISTORIA»
Sabemos que o primeiro roteiro pola parroquia vos encantou, así que cando xurdiu a oportunidade de colaborar coa Asociación Terra Calda nesta nova iniciativa, non o dubidamos nin un segundo. E aquí está!
📅 Domingo, 11 de outubro
🚶♀️ Caldas → Carracedo polo Camiño de Santiago
Ao longo da andaina (algo menos de seis quilómetros) faremos diferentes paradas para contar o que máis nos gusta: a historia do que fomos e do que somos.
E atención, porque nesta ocasión tamén descubriremos a relación directa do rei Afonso VII con Carracedo 👑
A chegada aproximada a Carracedo será sobre as 12:00 h., polo que, se non podes facer todo o percorrido, tamén podes incorporarte no tramo final e acompañarnos nas explicacións. 😉
👉 Vas perder a oportunidade de camiñar pola nosa historia?
Seguimos!
02/10/2026
👉🏼 Satisfacción porque unha das demandas que Carracedo Fala presentou a comezos de ano no dossier de propostas para a parroquia ao alcalde foi escoitada! Haberá puntos limpos móbiles polo rural para que a veciñanza poida usalos sen desprazarse.
Aquí vos deixamos as datas que lle corresponden a Carracedo.
Pronto, máis novidades ☺️
09/08/2026
Silvia, Ricardo e Isabel foron os gañadores do noso Súpersorteo de Produtos da Horta!
Un segundo ano desta iniciativa e un novo éxito. Grazas a todas as persoas que, coma sempre, fan que sigamos facendo cultura! ☺️
09/08/2026
Estamos no noso posto na Carballeira de Caldas! Aproveitade para visitarnos, que estaremos toda a tarde ☺️
08/08/2026
SORTEO de 3 SÚPER LOTES de produtos da nosa horta!!!!
O ano pasado foi un éxito e este repetimos! Vas perder a posibilidade de levar este auténtico botín para a casa? Un número por 1 euro e colaboras para que poidamos seguir facendo cultura dende o rural. Visítanos no noso posto da Feira Tradicional de Caldas!
03/08/2026
😀TIC, TAC, TIC, TAC... Como cada ano, Carracedo Fala estaremos na Feira Tradicional de Caldas do vindeiro domingo día 9 de agosto. Esta edición cambia a ubicación, será na Carballeira. Só tes que buscar o noso posto!
Teremos filloas de sangue e chulas de cabazo feitas "in situ". Tamén a nosa tradicional exposición de fotos antigas (hai cousiñas novas) e o sorteo de TRES SÚPER LOTES de produtos da nosa horta.
Axudádesnos para que poidamos seguir facendo cultura dende o rural? Sen vós sería imposible. Esperámosvos!
26/07/2026
Caldas salda a súa débeda coa memoria coa homenaxe á UMD e á democracia Un monolito recorda xa a primeira reunión clandestina dos militares opositores a Franco no bar O Pinar
26/07/2026
😃Hoxe foi un día de moitas emocións. Por primeira vez descentralizamos a nosa actividade para organizar - conxuntamente co Concello de Caldas de Reis- un acto de reparación, memoria e dignidade: o descubrimento dun monolito no centro da vila en recoñecemento dos militares (da UMD) que, de forma clandestina, loitaban pola democracia. A primeira reunión da facción galega foi, precisamente, moi pretiño de Carracedo, no restaurante O Pinar.
Gracias en primeiro lugar ao alcalde, Jacobo Perez, pola axuda e atención. Tamén ao resto dos membros da Corporación que acudiron aos actos programados. A acción veciñal funciona mellor cando imos todos da man. A todas as asociacións presentes, en especial a Elena Cabrejas, de Asociación Terra Calda. Aos veciños e veciñas de Carracedo que nos acompañaron e tamén ao resto de participantes. Tamén á Banda Municipal de Caldas, pola súa marabillosa interpretación de 'Grandola Vila Morena' e do Himno Galego.
Mención especial ao catedrático de Historia Contemporánea da USC, Lourenzo Fernández Prieto, pola súa lección maxistral e a Xosé Fortes, o único militar dos oito que se reuniron no Pinar que segue vivo. Escoitariámolo falar horas e horas. Unha mente sabia e con amplitude de miras.
O monolito -coa súa placa pertinente- podedes velo na praciña que hai detrás da Praza de Abastos. Nós desconectamos uns días para coller forzas para a Feira Tradicional na que, un ano máis, estaremos colocando no mapa a Carracedo e defendendo a cultura dende o rural.
Seguimos!
24/07/2026
Quedan só dous días para o solemne acto que organizamos o domingo en colaboración co Concello de Caldas de Reis e co veciño Suso Domínguez. Descentralizamos por un día a nosa actividade por unha causa máis que digna... A primeira reunión da UMD tivo lugar nos límites da nosa parroquia.
22/07/2026
Despois da resaca das festas é bo momento para recordar o evento deste domingo en Caldas! Aberto a todos os públicos!
👉🏼👉🏼 Seguimos facendo cultura, neste caso nun proxecto conxunto co Concello de Caldas de Reis e o veciño Suso Domínguez Baltar.
O 26 de xullo descentralizamos actividades para vernos en Caldas, na homenaxe á Unión Militar Democrática, os militares contrarios á ditadura franquista.
Satisfeitos de que se vaia abrindo camiño e recuperando a memoria. Alí nos vemos!
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.
Página web
Dirección
Carracedo
36659
Notificaciones
Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Carracedo Fala publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.