ACGB

ACGB

Compartir

No século XXI, outra forma de facer as cousas é posible. A ACGB nace coma alternativa 2.

A Asemblea Cultural Galega de Barcelona (ACGB) nace coma un aglutinador de persoas e colectivos vencellados ás identidades galega e catalá, cunha visión de esquerdas.

15/10/2026

📢 *Próxima Tabernada: domingo 25 de outubro* 📢

Este *domingo 25 de outubro, ás 12:00 h* 📅, volvémonos atopar no *Ateneu Roig* para unha nova Tabernada no marco do festival *Munt de Mots*, desta volta cunha proposta moi especial: *«Tabernada das que _contan_. Homenaxe a Begoña Caamaño»*.

Nesta ocasión, a xornada estará a cargo de *Furafollas Agrupación Teatral*, que nos achegará ao universo dunha muller imprescindible da cultura galega. 🎭✨

*Pero, quen foi Begoña Caamaño?*

Begoña Caamaño (Letras Galegas 2026) foi unha *xornalista, escritora, feminista e activista galega*, comprometida coa lingua, a cultura e as loitas sociais. A través de obras como _Circe ou o pracer do azul_ e _Morgana en Esmelle_, revisitou os mitos clásicos desde unha perspectiva feminista, dándolles voz a mulleres silenciadas pola historia e abrindo novas maneiras de comprender os relatos que herdamos.

Para Begoña, contar historias tamén era unha maneira de comprender o mundo e transformalo, e iso é o que queremos reivindicar nesta Tabernada furafollesca, celebrando a súa memoria e o legado que nos deixou. 📚✊

Agárdanos unha xornada para escoitar, compartir e deixarnos levar polas historias, coa forza do teatro e da palabra como fío condutor. 🎭💜

✨ *Coa imprescindible colaboración dos taberneiros de sempre e coa esencia de sempre: boa xente, bo ambiente e boa comida!*

_Como podes ser parte desta ou das seguintes Tabernas?_

* *Implicándote na organización* 🗂. Pra iso, podes sumarte cando queiras ao *grupo de WA da Taberna* que atoparás na comunidade da ACGB (https://chat.whatsapp.com/CqGkGyaVklP9AEMdqlViJs)
* *Participando como artista convidada de maneira individual ou grupal* 🎨. Podes apuntarte como artista a través deste *formulario*: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSc86qnxhAnlPSOqjM89aPv8KvH02s3x_LxoKm5blgProSPDfQ/viewform. Ou se non, anímate ao micro aberto 🎤.
* *Participando como voluntaria nas tarefas de barra / cociña* 🍽. Podes escribirnos nesta mensaxe dicindo que estás interesado en axudar.

💡 *Agardámoste nesta Tabernada das que _contan_ para homenaxear a Begoña Caamaño e seguir tecendo, xuntas, memoria, cultura e loita compartida.*

📲 E non te esquezas de seguir á ACGB e Furafollas nas redes para non perderte nada:

🌐 *Páxinas web:*
https://acgb.gal/
https://furafollas.wordpress.com/

📸 *Instagram:*
https://www.instagram.com/acgb/?hl=en
https://www.instagram.com/furafollasagrupacionteatral/?hl=es

🐦 *X (Twitter):*
https://x.com/ACGBcn
https://x.com/FurafollasAT

03/10/2026

Temos que cancelar o acto previsto para o día 4 (Arroz con leite á veracruzana) pola previsión de trebóns no litoral barcelonés. Perdoade a desilusión. Informaremos con tempo da nova data.

02/10/2026

Lembrade!!!
Este domingo 4, á hora do vermú, temos recendos de Veracruz no Ateneu Roig. «Arroz con leite á vercruzana». Graciela Ortega.
Vide!!!

19/09/2026

📚 Se estades en Barcelona o 4 de outubro, agardámosvos ás 12:00 h no Ateneu Roig de Gràcia para falar de literatura, da nosa lingua e de historias que cobran vida a través da memoria histórica e de persoas que atoparon o seu lugar entre dous mundos.

​Graciela Ortega presenta oficialmente a súa nova novela, «Arroz con leite á veracruzana», nun acto promovido pola Biblioteca Sabela Labraña.

✨ ​Haberá tamén pequenas sorpresas culinarias e musicais que nos farán viaxar por un instante ata a cidade de Veracruz, porta de entrada por mar da maioría dos exiliados da Segunda República en México.

10/08/2026

Aínda que sexa agosto, os Furafollas non paran. Este xoves 13, na Casa da Cultura «Olga Novo» da Pobra do Brollón, representarán a exitosa obra «Movendo os marcos». Será ás 21:00. Unha boa proposta para dixerir a resaca do eclipse 😋

10/07/2026

Faleceu Alfredo Salom, compañeiro e esposo de Sabela Labraña. Foi el quen, cun inmenso acto de xenerosidade e amor pola memoria de Sabela, decidiu doar a súa biblioteca persoal á Biblioteca Sabela Labraña, un legado que hoxe continúa vivo ao servizo da cultura e da lingua galegas.
Alfredo foi un pintor de poderosa forza expresionista. Nas súas obras, a intensidade da cor e a enerxía do trazo construían unha linguaxe artística fondamente persoal. Participou coa súa pintura e cos seus debuxos en numerosas actividades culturais da comunidade galega de Barcelona, colaborando con grupos de teatro coma Augateba e Furafollas e deixando neles a pegada da súa sensibilidade.
Como artista, rexeitou sempre as lóxicas do mercado e escolleu camiñar á marxe dos circuítos comerciais, fiel á súa propia concepción da creación. Admirador e lector de Fernando Pessoa, dedicou varias exposicións á súa obra e ilustrou moitos dos seus textos, establecendo un diálogo fecundo entre a palabra e a pintura.
Coma persoa, era un home intelixente, entregado, cunha curiosidade insaciábel, de mirada profunda e cunha ampla cultura. Escoitar a súa palabra significaba aprender sempre.
Coa súa marcha perdemos un artista íntegro e unha persoa xenerosa, pero permanece entre nós a súa obra, o seu exemplo e o seu compromiso coa cultura.
Enviamos un sentido pésame a Roi, que herdou a sensibilidade de Sabela e de Alfredo, e que soupo recuperar o galego coma lingua familiar, exemplo que enchería de felicidade á súa nai.
Alfredo Salom, sempre na nosa memoria.

30/06/2026

🚨🚨🚨 Non esquezades que pechamos o curso cun show de moitíiiiiisima altura!!! 🚨🚨🚨

«Galego pode selo Calquera»

Un show de Alberte Montes

📆 Xoves, 2 de xullo
🕗 20:00
📍 Ateneu Roig
💶 Billeteira inversa.

Photos from ACGB's post 17/05/2026

BEGOÑÍSIMA

17 de Maio, Día das Letras Galegas en homenaxe a Begoña Caamaño

BEGOÑÍSIMA é un tema do disco “Indómitas” de Uxía e é tamén o título do libro da Andrea Nunes Brións sobre a autora homenaxeada. Begoñísima, foi tamén o nome dado ao acto homenaxe no que o 26 de outubro de 2015 máis dunha trintena de persoeiros das artes escénicas, música, literatura e comunicación se reuniron para recordala.

É Begoña Caamaño unha referente feminista? Clarísimamente e fundamentalmente. En “Circe ou o pracer do azul” e “Morgana en Esmelle” móstranos as personaxes clásicas dende un novo punto de vista: o feminino. En palabras da propia Caamaño: “É o tempo do feminismo, da xustiza, da igualdade e da felicidade”.

Begoñísima, polo tanto, é un superlativo aplicado á figura da autora polas que foron as máis amigas e compartido, tamén, pola xente que a coñeceu. Este termo denota que o seu paso pola vida foi máis alá do significado dun único cualificativo. En 'Nós Diario', Sergio Casal fala de Begoña Caamaño como “unha muller comprometida coa lingua, co feminismo e co xornalismo crítico”.

En “O libro das amigas”, presentado polo Consello da Cultura Galega, 24 mulleres da contorna da autora, publican unha carta a modo de despedida que Begoña enviara á súa intima amiga Uxía. E na que di: “Que esteades todas xuntas, todos xuntos, para vos consolar mutuamente e, cando eu xa estea adormecida para sempre, volveredes a brindar por min se é que vos parece que o merezo.”

Claro que o mereces, Begoña! Neste 17 de maio serás a BEGOÑÍSIMA de todas as que nos sentimos herdeiras do teu legado!

15/05/2026

Obradoiro de baile

15/05/2026

Info sobre a ludotega

¿Quieres que tu empresa aparezca en primer lugar en la categoría Bar en Barcelona?
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Página web

Dirección

Carrer Del Torrent D'En Vidalet, 32, Gràcia
Barcelona
08012

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando ACGB publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Suscribirse

Le avisaremos cuando ocurra algo en Barcelona.