BenComún Espazo
Espazo de #coworking de 300 m2 situado na praza da Torre Lombarda, a carón do río Arnoia, en Allariz.
Dispoñemos de internet de alta velocidade, sala de xuntanzas, sala para actividades e proxeccións e zona de descanso, entre outros servizos. O Espazo BenComún é moito máis ca un local de coworking, moito máis ca unha comunidade de traballo colaborativo, moito máis ca un punto de encontro para a creatividade ás beiras do Arnoia, no centro de Allariz. É moito máis ca iso, pero tamén é todo iso. No Espazo BenComún tes á túa disposición 300 m2 de superficie distribuídos nunha sala diáfana con mesas de traballo individuais e unha sala de reunións a disposición dos nosos usuarios e usuarias. No noso local da praza da Torre Lombarda, amais de vistas sobre a ribeira do río e os cumes da Reserva Natural da Biosfera, contamos con Internet de alta velocidade (600 Mb de descarga), Wi-Fi, liña telefónica, calefacción, zona de descanso e office, zona de carga para vehículos eléctricos e unha terraza moi luminosa. BenComún nace da mesma iniciativa empresarial que creou a libraría Aira das Letras e Aira Editorial, ambas en Allariz, e da firma de deseño e obxectos bonitos Punto e Coma, con tenda en Ourense. Esa vontade compartida de converter Allariz en vila do libro, do deseño, da ilustración -en definitiva, en capital da creatividade- transmítese no ADN do noso espazo. Na nosa comunidade xa participan destacados profesionais das novas tecnoloxías e das artes e oficios visuais, con especialización no traballo editorial e na creación de obxectos. Traballar no BenComún significa entrar a formar parte dunha comunidade de profesionais independentes, que comparte recursos e servizos e que traballa no desenvolvemento de proxectos conxuntos.
08/10/2026
Vendemos esta estufa Ecoforest.
25/09/2026
Os grupos de Allariz serían nas Curuxas.
07/09/2026
En lembrame.gal adicámonos a recoller e divulgalo riquísimo patrimonio cultural de Galicia.
Facémolo habitualmente por medio de reportaxes audiovisuais nos que nos centramos nunha historia concreta: un entroido, unha labor agrícola, unha lenda, …
A nosa intencíón é a de divulgar estas historias para que podan chegar ao maior número de persoas que podamos. Por ese motivo podes colaborar connosco compartindo estas historias nas túas redes sociáis ou a través do boca a boca.
Tamén podes colaborar connosco dándonos a coñeer novas historias, persoas, lendas, sucesos, … que che parezcan interesantes para que as vaiamos recoller.
Inicio - Lembrame Recollemos e divulgamos historias que nos axudan a comprender o mundo no que vivimos. Contacta Connosco En lembrame.gal adicámonos a recoller e divulgalo riquísimo patrimonio cultural de Galicia. Facémolo habitualmente por medio de reportaxes audiovisuais nos que nos centramos nunha historia conc...
20/05/2026
O día comezará cunha clase de danza contemporánea con ferramentas terapéuticas no miradoiro de Moura, a cargo de SIL Producciones - Artes en movimiento e coa música en directo da pianista María Mendoza.
Pola tarde, desprazarémonos ata Esgos, onde María Mendoza nos guiará na creación en tempo real dunha peza musical que quedará para o noso recordo.
Todos os gastos de organización, coordinación, deseño e prestación de servizos, promoción e publicidade, etc. incluídos nestas experiencias son asumidos con cargo a o “Plan de Sostibilidade Turística en Ribeira Sacra, compromiso coa mobilidade sostible e a mellora continua” (Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea-NEXTGENERATIONEU).
Tus entradas a un click Tu acceso a experiencias únicas está a solo un clic.
09/05/2026
Comezou a recollida de sinaturas para solicitar que non se renove a directiva actual do IES de Allariz.
28/04/2026
O clásico Aira do 2026 reunirá nun só volume tres das súas novelas curtas máis coñecidas
A gata (La Ch**te, 1933), un relato sutil e inquietante sobre os celos, a posesión e os vínculos afectivos máis primitivos, que converte un conflito doméstico nunha análise penetrante da fraxilidade das relacións humanas.
Gigi (1944), situada no París da Belle Époque, narra con humor elegante e mirada crítica a historia dunha moza educada para cumprir un destino imposto, abrindo unha reflexión sobre a liberdade feminina e as convencións sociais.
O neno doente (L’Enfant malade, 1904), un texto breve pero intenso que se afasta de toda idealización da infancia e explora con lucidez as relacións de dependencia emocional e as zonas máis ambiguas do coidado e do amor.
Neste enlace atoparás máis información.
https://airaeditorial.gal/home/179-mecenas.html
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.
Contactar con la empresa
Teléfono
Página web
Dirección
Praza Torre Lombarda, 1
Allariz
32660
Horario de apertura
| Lunes | 09:00 - 14:00 |
| Martes | 09:00 - 14:00 |
| Miércoles | 09:00 - 14:00 |
| Jueves | 09:00 - 14:00 |
| Viernes | 09:00 - 14:00 |
Notificaciones
Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando BenComún Espazo publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.